SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  21
o spot televisivo
Pautas para a súa realización
ÍNDICE
1. DEFINICIÓN
2. CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE PUBLICITARIA
a. ELEMENTOS VERBAIS. O TEXTO: CORPO E SLOGAN
b. ELEMENTOS NON VERBAIS. AS IMAXES
c. ELEMENTOS NON VERBAIS. O SON
3. TAREFA: CREAMOS UN ANUNCIO TELEVISIVO
4. ALGÚNS EXEMPLOS
1. DEFINICIÓN
Un anuncio ou spot televisivo é un soporte dixital audiovisual de curta duración
utilizado na publicidade para transmitir a súa mensaxe a unha audiencia. As
principais canles para a súa difusión son a televisión ou plataformas dixitais
como youtube.
O spot caracterízase pola súa brevidade. Non debería durar máis de 60 segundos.
Os anuncios televisivos utilizan unha linguaxe publicitaria e por iso debemos ter
moi claras as súas características.
2. CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE
PUBLICITARIA
Nos anuncios audiovisuais interveñen 2 elementos fundamentais:
★ Elementos verbais ou TEXTO, que pode ser tanto oral como escrito.
★ Elementos non verbais, en especial a IMAXE (mensaxe icónica) e o SON
(ruídos e música).
En ambos tipos de mensaxes distínguense un contido denotativo e uns contidos
simbólicos (os valores que nos vende a publicidade: sensualidade, a mocidade,
éxito social...).
2. a. ELEMENTOS VERBAIS. TEXTO
O texto dun anuncio pode ser oral ou escrito. O oral é pronunciado por
personaxes que actúan no anuncio ou aparece como voz en off.
Este ten que ser breve e utilizar unha linguaxe orixinal e directa. A súa misión é
anunciar un produto ou influír no receptor. Distínguense dous tipos de texto:
★ O corpo: é un texto de carácter informativo e tamén persuasivo no que se
inclúen os datos do produto -características, vantaxes-, do punto de venda,
etc.
★ O slogan: é a frase máis destacada do anuncio e ten que lograr que a xente
se identifique con el (de feito, grandes compañías manteñen o mesmo
slogan durante anos). Velaquí algúns dos máis famosos
COMO TEN QUE SER A LINGUAXE DOS TEXTOS?
A linguaxe tanto do corpo como do slogan ten que ser: curta, brillante,
impactante, crible, memorable…Para conseguilo, velaquí algúns dos recursos
máis utilizados:
★ Adxectivos impactantes, sensacionalistas: Colón, brancura impecable!
★ Pronomes persoais e posesivos: Loreal, porque ti o vales!
★ Estranxeirismos: I’m loving it! Just do it!
★ Vocativos: Ramón, o Fertimón!, Be water, my friend!
★ Oracións en imperativo ou infinitivo: Vivamos como galegos! Velaquí
exemplos
★ Oracións sen verbos: A comodidade aos teus pés!
★ Oracións interrogativas dirixidas aos oíntes: Aínda non probaches…? A
que esperas?
★ Oracións simples, coordinadas ou xustapostas: R, cámbiache o conto
★ Palabras con dobre sentido : Fertimón, funciona en todos os campos.
Deleite, o leite galego.
★ A linguaxe publicitaria a miúdo bota man dos recursos literarios, moi
frecuentes tanto no texto como nas imaxes :
○ metáfora
○ comparación
○ enumeración
○ hipérbole
○ repetición
○ antítese: ruxe o silencio
○ rima : Con pan ou sen pan, come queixo Lorán!
○ E que é ver un rapaz de Galuresa, entro en calor que non vexas
2. b. ELEMENTOS NON VERBAIS. IMAXE
As IMAXES son unha potente ferramenta nos anuncios publicitarios e aínda que
xeralmente reproducen a realidade, tamén se manipulan para producir no receptor
sensacións ou emocións que promovan unha actitude positiva cara ó produto
anunciado. Velaquí algunhas mostras nas que a marca se asocia a:
relaxación ecoloxismo
saúde sensualidade
compromiso identificación cun
grupo
En todo anuncio, ten que haber un equilibrio entre imaxe e texto. Así, é
recomendable que a imaxe ocupe un 70% do anuncio e o 30% restante sexa para
o texto.
2.c. ELEMENTOS NON VERBAIS. O SON
Este elemento tamén xoga un papel fundamental nos spots televisivos. De feito,
bótase man do son para crear no receptor certas sensacións que se identifican co
produto anunciado:
★ tranquilidade
★ relaxación
★ diversión
★ perigo
★ velocidade
★ identidade, aprezo polo noso: global muiñeira
3. TAREFA: CREAMOS O NOSO ANUNCIO
TEMA DO TEU SPOT
Terás que anunciar un alimento que sexa saudable para as persoas ou ben
promocionar unha alimentación saudable.
Lembra que este tipo de anuncios son textos persuasivos, iso é, deben convencer
a unha audiencia para que consuma ese produto que ti anuncias ou para que siga
ese estilo de alimentación.
PASOS A SEGUIR
Para isto debemos seguir esta orde:
1. Idea
2. Guión
3. Story-board
4. Rodaxe
5. Montaxe
6. Sonorización
7. Edición
3.1. IDEA
Pensa en algo que pode ser impactante para anunciar o teu produto
e Lembra:
★ Cal é o obxectivo?
★ A quen vai dirixido?
★ Que argumentos vou utilizar para convencer ao
público?
★ Que imaxes usarei?
★ Que texto vou utilizar?
★ E cal vai ser o slogan?
3.2. GUIÓN
GUIÓN LITERARIO: desenvolve a historia que queres contar, os personaxes, o
lugar, situacións e accións…
GUIÓN TÉCNICO: aquí tes que converter o guión literario no que se vai rodar, isto
é, diálogos, escenas, tipos de planos, movementos de cámara, transicións,
efectos especiais, banda sonora...
3.3. STORY BOARD
Consiste en aportar ao guión técnico
unha descrición con debuxos. Isto é,
facer unha especie de cómic con
todo o que vas gravar.
3.4. RODAXE
Unha vez que tes todo
preparado (escenas que vas
gravar, personaxes, diálogo co
que van dicir, efectos sonoros,
localizacións feitas…) toca dicir
iso de
Cámaras e acción!
3.5. MONTAXE
Despois de gravar todas as escenas, toca montar o teu vídeo. Para iso deberás
utilizar un editor de vídeo. Así poderás engadirlle efectos, banda sonora...
3.6. SONORIZACIÓN
Lembra que a banda sonora é moi
importante para un anuncio. A
música e os sons que escollas
permitirán que a túa mensaxe
chegue mellor aos receptores. Da
súa importancia na publicidade
vaiche falar a túa profesora de
música. Aprende todo o que
poidas dela.
3.7. EDICIÓN FINAL
Unha vez introducidos os efectos
sonoros é hora de que edites o
vídeo.
Feito isto, xa podes subilo á nosa
canle de Youtube da Cachada
“Cachavideo” ou ben entregarllo á
profesora de Lingua Galega.
3.8. ALGÚNS EXEMPLOS
https://www.youtube.com/watch?v=GKoyHe4Se_k
https://www.youtube.com/watch?v=WpvEpBeEoiI
https://www.youtube.com/watch?v=gqdNdGCWnAA
https://www.youtube.com/watch?v=kKeYjcuaKPQ

Contenu connexe

En vedette

Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Applitools
 
12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at WorkGetSmarter
 
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...DevGAMM Conference
 
Barbie - Brand Strategy Presentation
Barbie - Brand Strategy PresentationBarbie - Brand Strategy Presentation
Barbie - Brand Strategy PresentationErica Santiago
 
Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them well
Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them wellGood Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them well
Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them wellSaba Software
 

En vedette (20)

Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
 
12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work
 
ChatGPT webinar slides
ChatGPT webinar slidesChatGPT webinar slides
ChatGPT webinar slides
 
More than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike Routes
More than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike RoutesMore than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike Routes
More than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike Routes
 
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
 
Barbie - Brand Strategy Presentation
Barbie - Brand Strategy PresentationBarbie - Brand Strategy Presentation
Barbie - Brand Strategy Presentation
 
Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them well
Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them wellGood Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them well
Good Stuff Happens in 1:1 Meetings: Why you need them and how to do them well
 

O spot televisivo (1)

  • 1. o spot televisivo Pautas para a súa realización
  • 2. ÍNDICE 1. DEFINICIÓN 2. CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE PUBLICITARIA a. ELEMENTOS VERBAIS. O TEXTO: CORPO E SLOGAN b. ELEMENTOS NON VERBAIS. AS IMAXES c. ELEMENTOS NON VERBAIS. O SON 3. TAREFA: CREAMOS UN ANUNCIO TELEVISIVO 4. ALGÚNS EXEMPLOS
  • 3. 1. DEFINICIÓN Un anuncio ou spot televisivo é un soporte dixital audiovisual de curta duración utilizado na publicidade para transmitir a súa mensaxe a unha audiencia. As principais canles para a súa difusión son a televisión ou plataformas dixitais como youtube. O spot caracterízase pola súa brevidade. Non debería durar máis de 60 segundos. Os anuncios televisivos utilizan unha linguaxe publicitaria e por iso debemos ter moi claras as súas características.
  • 4. 2. CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE PUBLICITARIA Nos anuncios audiovisuais interveñen 2 elementos fundamentais: ★ Elementos verbais ou TEXTO, que pode ser tanto oral como escrito. ★ Elementos non verbais, en especial a IMAXE (mensaxe icónica) e o SON (ruídos e música). En ambos tipos de mensaxes distínguense un contido denotativo e uns contidos simbólicos (os valores que nos vende a publicidade: sensualidade, a mocidade, éxito social...).
  • 5. 2. a. ELEMENTOS VERBAIS. TEXTO O texto dun anuncio pode ser oral ou escrito. O oral é pronunciado por personaxes que actúan no anuncio ou aparece como voz en off. Este ten que ser breve e utilizar unha linguaxe orixinal e directa. A súa misión é anunciar un produto ou influír no receptor. Distínguense dous tipos de texto: ★ O corpo: é un texto de carácter informativo e tamén persuasivo no que se inclúen os datos do produto -características, vantaxes-, do punto de venda, etc. ★ O slogan: é a frase máis destacada do anuncio e ten que lograr que a xente se identifique con el (de feito, grandes compañías manteñen o mesmo slogan durante anos). Velaquí algúns dos máis famosos
  • 6. COMO TEN QUE SER A LINGUAXE DOS TEXTOS? A linguaxe tanto do corpo como do slogan ten que ser: curta, brillante, impactante, crible, memorable…Para conseguilo, velaquí algúns dos recursos máis utilizados: ★ Adxectivos impactantes, sensacionalistas: Colón, brancura impecable! ★ Pronomes persoais e posesivos: Loreal, porque ti o vales! ★ Estranxeirismos: I’m loving it! Just do it! ★ Vocativos: Ramón, o Fertimón!, Be water, my friend! ★ Oracións en imperativo ou infinitivo: Vivamos como galegos! Velaquí exemplos
  • 7. ★ Oracións sen verbos: A comodidade aos teus pés! ★ Oracións interrogativas dirixidas aos oíntes: Aínda non probaches…? A que esperas? ★ Oracións simples, coordinadas ou xustapostas: R, cámbiache o conto ★ Palabras con dobre sentido : Fertimón, funciona en todos os campos. Deleite, o leite galego.
  • 8. ★ A linguaxe publicitaria a miúdo bota man dos recursos literarios, moi frecuentes tanto no texto como nas imaxes : ○ metáfora ○ comparación ○ enumeración ○ hipérbole ○ repetición ○ antítese: ruxe o silencio ○ rima : Con pan ou sen pan, come queixo Lorán! ○ E que é ver un rapaz de Galuresa, entro en calor que non vexas
  • 9. 2. b. ELEMENTOS NON VERBAIS. IMAXE As IMAXES son unha potente ferramenta nos anuncios publicitarios e aínda que xeralmente reproducen a realidade, tamén se manipulan para producir no receptor sensacións ou emocións que promovan unha actitude positiva cara ó produto anunciado. Velaquí algunhas mostras nas que a marca se asocia a: relaxación ecoloxismo saúde sensualidade compromiso identificación cun grupo
  • 10. En todo anuncio, ten que haber un equilibrio entre imaxe e texto. Así, é recomendable que a imaxe ocupe un 70% do anuncio e o 30% restante sexa para o texto.
  • 11. 2.c. ELEMENTOS NON VERBAIS. O SON Este elemento tamén xoga un papel fundamental nos spots televisivos. De feito, bótase man do son para crear no receptor certas sensacións que se identifican co produto anunciado: ★ tranquilidade ★ relaxación ★ diversión ★ perigo ★ velocidade ★ identidade, aprezo polo noso: global muiñeira
  • 12. 3. TAREFA: CREAMOS O NOSO ANUNCIO TEMA DO TEU SPOT Terás que anunciar un alimento que sexa saudable para as persoas ou ben promocionar unha alimentación saudable. Lembra que este tipo de anuncios son textos persuasivos, iso é, deben convencer a unha audiencia para que consuma ese produto que ti anuncias ou para que siga ese estilo de alimentación.
  • 13. PASOS A SEGUIR Para isto debemos seguir esta orde: 1. Idea 2. Guión 3. Story-board 4. Rodaxe 5. Montaxe 6. Sonorización 7. Edición
  • 14. 3.1. IDEA Pensa en algo que pode ser impactante para anunciar o teu produto e Lembra: ★ Cal é o obxectivo? ★ A quen vai dirixido? ★ Que argumentos vou utilizar para convencer ao público? ★ Que imaxes usarei? ★ Que texto vou utilizar? ★ E cal vai ser o slogan?
  • 15. 3.2. GUIÓN GUIÓN LITERARIO: desenvolve a historia que queres contar, os personaxes, o lugar, situacións e accións… GUIÓN TÉCNICO: aquí tes que converter o guión literario no que se vai rodar, isto é, diálogos, escenas, tipos de planos, movementos de cámara, transicións, efectos especiais, banda sonora...
  • 16. 3.3. STORY BOARD Consiste en aportar ao guión técnico unha descrición con debuxos. Isto é, facer unha especie de cómic con todo o que vas gravar.
  • 17. 3.4. RODAXE Unha vez que tes todo preparado (escenas que vas gravar, personaxes, diálogo co que van dicir, efectos sonoros, localizacións feitas…) toca dicir iso de Cámaras e acción!
  • 18. 3.5. MONTAXE Despois de gravar todas as escenas, toca montar o teu vídeo. Para iso deberás utilizar un editor de vídeo. Así poderás engadirlle efectos, banda sonora...
  • 19. 3.6. SONORIZACIÓN Lembra que a banda sonora é moi importante para un anuncio. A música e os sons que escollas permitirán que a túa mensaxe chegue mellor aos receptores. Da súa importancia na publicidade vaiche falar a túa profesora de música. Aprende todo o que poidas dela.
  • 20. 3.7. EDICIÓN FINAL Unha vez introducidos os efectos sonoros é hora de que edites o vídeo. Feito isto, xa podes subilo á nosa canle de Youtube da Cachada “Cachavideo” ou ben entregarllo á profesora de Lingua Galega.