SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  81
TERRA DE
CELANOVA
A NATUREZA
SUPERFICIE: 513,56 km2
POBOACIÓN: 18.534
habitantes (datos 2015).
CONCELLOS: A Bola, A
Merca, Cartelle, Celanova,
Gomesende, Pontedeva,
Quintela de Leirado,
Ramirás e Verea.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
RESERVA DA BIOSFERA
“Terras de Allariz”
LIC: “Baixa Limia Serra do
Xurés”.
A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando
con Portugal polo suroeste.
O territorio é moi irregular e distínguense dúas áreas, as zonas altas, situadas nos
lindes polo sur e o leste: Serras do Leboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande,
Monte Calvo e San Cibrao; e unha depresión marcada polos vales dos ríos Arnoia e
Deva e os seus afluentes.
A comarca ten unha grande taxa de emigración e tendencia ao abandono das áreas
rurais. A cabeceira é a vila de Celanova.
Os grandes contrastes no relevo e no clima fan que sexa unha área de gran interese
paisaxístico e e ecolóxico, onde se atopa tamén unha gran riqueza artística e
etnográfica.
Un día de feira de Celanova.
CLIMA
É unha área de clima moi variado, dada as diferenzas de altitude entre os cumes e os
vales. Caracterízase polas grandes oscilacións de temperatura entre o verán e o
inverno e a escaseza de chuvias.
CONCELLOS
A BOLA
Está situado nun terreo de media montaña coas máximas alturas no Monte Calvo e san
Cibrao, ao leste, no linde con Allariz e Rairiz de Veiga. Está regado por varios afluentes do río
Arnoia. As actividades máis destacadas son a agricultura, pequenas industrias e os servizos.
Os principais núcleos son A Veiga (onde está o concello), Podentes (onde están a maior parte
dos servizos) e Santa Baia. Forma parte da Reserva da Biosfera “Area de Allariz”.
SUPERFICIE: 39,9 km²
POBOACIÓN: 1.339 habitantes (datos 2015).
PARROQUIAS: Pardavedra, Podentes, San Miguel de Berredo, San Maritiño de Berredo, Santa
Baia de Berredo, Sorga, Soutomel e A Veiga
A Bola que da nome ao
concello.
Unha formación granítica
orixinada por alteración da
rocha que se fendeu por
diferentes fracturas e que a
erosión co paso do tempo
deixou ao descuberto.
Santa Baia de Berredo
San Munio da Veiga
A MERCA
A maior parte do territorio de A Merca ten unha altitude de 400 a 500 m e está situado na
zona de transición entre a depresión de Ourense e o val do Arnoia. O sur está atravesado
polo río Arnoia encaixado entre as abas do monte de San Cibrao e unha cadea de montes de
arredor de 600 m de altitude que separan as cuncas do Miño e o Arnoia, o centro ocúpao o val
no que se xuntan as augas que conforman o río Barbadás, que vai desaugar ao Miño, e volve a
erguerse cara ao noroeste no Monte Castro. As principais ocupacións son os servizos, a
agricultura e a industria. Máis do 60% dos terreos municipais son forestais e unha gran parte
deles arborada.
SUPERFICIE: 50,92 Km2
POBOACIÓN: 2.021 habitantes
(datos 2015).
PARROQUIAS: A Merca, A
Manchica, Corvillón,
Entrambosríos, Faramontaos,
A Mezquita, Froxás das Viñas,
Olás de Vilariño, Parderrubias,
Pereira de Montes, Proente e
Zarracós.
Conxunto de 34 canastros ou
hórreos na Merca. O máis
numeroso de Galiza.
A Merca É un concello con importantes mostras artísticas e etnográficas. O Entroido de A
Mezquita, é de gran interese etnográfico; durante dous días os "galos" bailan polas rúas
xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas e perseguen ao público polas rúas.
Igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con
elementos de transición ao gótico. Nas súas proximidades, consérvanse sartegos antropomorfos
CARTELLE
Ten un releve moi accidentado que baixa desde o norte (Monte Castro, 635 m e Coto Novelle,
712 m) ata o río Arnoia ao que se xuntan os pequenos ríos e regatos que se forman nas súas
ladeiras (río Galo, río das Elas...). A capital municipal é Outomuro.
As actividades máis importantes son a agricultura a gandeiría, pequenas industrias e os
servizos. Ten unha importante superficie forestal de monte en man común.
SUPERFICIE: 93,94 km2
POBOACIÓN: 2.944 habitantes (datos 2014).
PARROQUIAS: Anfeoz, Cartelle, Couxil, Espioñoso, As Marabillas, O Mundil, Penela, Sabucedo
de Montes, San Tomé, Sande, As Seixadas e Vilar de Vacas.
Vista do val do Arnoia xa
case no límite coas terras
do Ribeiro.
Santuario da nosa Señora das Marabillas.
Ruínas do antigo castelo de Sande, que foi doado ao Mosteiro
de Celanova por Alfonso VII no século XII. Está emprazada nun
pequeno monte desde o que se divisa unha ampla panorámica
cos vales do Arnoia e do Miño.
CELANOVA
Ten unha extensión de e distribuídos en 18 parroquias: É unha zona de media montaña, coas
maiores alturas na metade sur, nos montes onde nace o do río Tuño. Polo norte ten o val o río
Arnoia e polo leste o val do río Ourille. As principais actividades son os servizos, as pequenas
industrias e a agricultura. Acolle un importante patrimonio histórico artístico: castro de
Castromao, Vilanova dos Infantes, vila de Celanova
SUPERFICIE: 67 km2
POBOACIÓN: 5.536 habitantes (datos 2015).
PARROQUIAS: Acebedo do Río, Alcázar de Milmanda, Amoroce, Ansemil, Barxa, Bobadela,
Cañón, Castromao, Celanova, Fechas, Freixo, Milmanda, Mourillós, Orga, Rabal, Veiga,
Vilanova dos Infantes e Viveiro.
A vila de Celanova, con arredor de 3.000 habitantes é a capital administrativa e económica do concello e da comarca.
Conserva un interesante casco antigo con casas con galerías e soportais organizado arredor do mosteiro.
Mosteiro benedictino de San Salvador, declarado
monumento histórico-artístico nacional en 1931.
Igrexa de San Miguel de Celanova, situada no patio do
mosteiro. É a única construcción da época fundacional
(ano 936), de estilo mozárabe, declarada Monumento
Histórico Nacional en 1923.
Torre de Vilanova dos Infantes, resto dun antigo castelo
medieval derribado polos Irmandiños. Na actualidade acolle
o Centro Comarcal. Desde a súa altura (20 m sobre o chan)
abránguense amplas panorámicas sobre a comarca.
Vista de Vilanova dos Infantes desde o alto da torre.
Esta antiga vila conserva un conxunto arquitectónico
e etnográfico de gran interese, recentemente
rehabilitado.
GOMESENDE
O territorio aséntase entre os vales dos ríos Arnoia, que fai de linde do concello polo norte, e
o Deva que ocupa os tres cuartos do territorio, polo que discorren varios regatos que baixan
da Serra da Moura e dos Montes do Val, e está, polo tanto, moi marcado pola erosión fluvial.
As maiores alturas atópanse na Serra da Moura (Marco das Cruces con 869 m) que serve de
límite con Quintela de Leirado. Foi un importante lugar de paso entre Portugal, o val do Miño
e Celanova. A capital do concello é Sobrado.
Santuario de Nosa Señora do Val de Poulo, levantado no lugar
ondo houbo unha antiga capela. É de estilo neoclásico-barroco e
quedou sen rematar (formaba parte do proxecto dun convento
dependente da igrexa de San Pedro de Poulo). Nas proximidades
atópanse as ruínas dun hospital para os peregrinos que facían a
ruta Porto-Celanova-Santiago.
Desde o Alto de Val, aprécianse unhas interesantes vistas
panorámicas do val de Gomesende.
SUPERFICIE: 28,2 km2
POBOACIÓN: 829 habitantes (datos 2015).
PARROQUIAS: A Guía, O Pao, Poulo, Fustáns e
O Val, e unha parte da de Penosiños, que ten a
súa cabeceira e unha gran parte do territorio
en Ramirás.
Vista de Gomesende desde o alto do Val, coa serra da Moura ao fondo.
SUPERFICIE: 57 km2
POBOACIÓN: 1.912 habitantes
(datos 2015).
PARROQUIAS: O Condado,
Crespos, Desteriz,
Monterredondo, Padrenda e San
Pedro da Torre.
PADRENDA
Situada entre as abas orientais da serra do Laboreiro e o río Miño. O territorio é moi irregular,
coas máximas alturas na serra do Laboreiro (Pena Rubia, con 1.232 m). Está atravesado polo
río de Crespos que baixa da serra do Laboreiro para xuntarse co Deva no límite co concello de
Pontedeva. As principais actividades son a agricultura e a gandeiría. A capital do concello está
en San Roque de Crespos
O sur do territorio do concello, na serra do Laboreiro, forma parte do LIC “Baixa Limia”.
Val do río Troncoso ou das
Barxas desde Eira da Lapela,
na serra do Laboreiro.
Vista do encoro da Frieira (Miño) desde a Igrexa de San
Miguel, un expléndido mirador sobre o sur do concello.
SUPERFICIE:
10 km2
POBOACIÓN:
600 habitantes
(datos 2015)
PARROQUIAS:
Pontedeva e Trado.
PONTEDEVA
É un dos concellos máis pequenos da provincia de Ourense. O territorio comprende unha
pequena parte do val do Miño e o tramo final do río Deva e algúns pequenos afluentes, que
forman uns terreos fértiles onde se cultiva a terra en socalcos. As máximas alturas sitúanse
arredor dos 400 m na parte máis occidental do concello e nos lindes co municipio de
Padrenda, (o cume máis elevado é o Penedo do Monte).
As principais actividades son a agricultura tradicional (sobre todo vides) e os servizos. A
capital municipal está en Aldea de Deva.
O río Deva en Aldea de Deva.
QUINTELA DE LEIRADO
O territorio do concello é moi montañoso. Sitúase entre as abas da serra do Laboreiro (Pena
Gache e O Castelo) e a serra da Moura, no linde con Ramirás. O curso alto do río Deva forma
os vales onde se asenta a maior parte da poboación e se desenvolve a agricultura.
Unha parte do concello está incluída no LIC Baixa Limia.
SUPERFICIE: 31,6 km2
POBOACIÓN: 651 habitantes (datos 2014).
PARROQUIAS: Quintela de Leirado, Xacebáns, Redemuiños, Leirado e Mociños.
Vista desde Leirado cara á serra do Laboreiro.
Existe unha ruta de sendeirismo que chega ata a vila portuguesa de Castro Laboreiro.
Xacebáns, con Pena Gache ao fondo.
RAMIRÁS
Está situado nun terreo en pendente entre a serra da Moura e o río Arnoia, ocupado en gran
parte polo val do río Tuño (afluente pola esquerda do Arnoia).
A principal actividade é a agricultura e a silvicultura. A capitalidade atópase no Picouto.
Ramirás.
Mosteiro de San Pedro de Ramirás, de estilo
románico e gótico. Hai documentos que sitúan a
súa existencia no século X. Foi mosteiro de monxas
benedictinas desde 1.137, e actualmente está
ocupado clarisas.
SUPERFICIE: 40 km2
POBOACIÓN: 1.643 habitantes (datos
2014).
PARROQUIAS: Casardeita, Escudeiros,
Freás de Eiras, Grixó, Mosteiro, Paizás,
Santo André de Penosiños, San Salvador
de Penosiños, Rubiás e Vilameá de
Ramirás.
Vista do val do Tuño coa serra da Moura ao fondo. Unha ruta de
senderismo parte de Mosteiro e percorre a serra.
SUPERFICIE: 94,19 km2
POBOACIÓN: 1.059 habitantes (datos 2014).
PARROQUIAS: Albos, Bangueses, Santo Adrao de
Cexo, Santa María de Cexo, Domés, Gontán,
Ourille, Pitelos, Portela, Sanguñedo e Verea.
VEREA
É un terreo encosta coas alturas máis grandes no sur, nas serras do Laboreiro, Pena da Edra e
Montes de Bande onde están as cabeceiras dos ríos Grande (Deva), Tuño e Ourille.
As principais actividades son a agricultura, a gandeiría e os servizos. A capital sitúase en
Carballo.
A súa situación, entre Portugal e Celanova, fai que fose desde sempre un lugar de paso polo
que discorría o trazado dunha vía romana e do camiño de Santiago que viña de Porto.
Unha parte do concello está incluída no LIC Baixa Limia.
Guitarrista no remate da igrexa
parroquial de San Pedro de Ourille.
Bangueses, coa serra do Laboreiro ao fondo.
RELEVO
A Terra de Celanova ten unha morfoloxía moi irregular e variada debido á acción tectónica
-que elevou unhas zonas e encaixou os vales dos ríos-, á variedade litolóxica e á acción
xeolóxica dos diferentes cursos de auga.
No norte dominan os xistos, as lousas e outras rochas metamórficas, mesturadas con algúns
granitos, e no sur dominan os granitos (granodioritas, granitos e granitoides).
A maioría das serras sitúanse nos contornos da comarca facendo de lindes naturais coas
demais comarcas ou con Portugal: Laboreiro no oeste e sur, Lombas de Pena da Hedra e
Montes de Bande (Fonte Santa), ao sur; Serras de Monte Calvo (O Furriolo) e San Cibrao, ao
leste, e O Castro e Coto Novelle ao norte. A variada morfoloxía complétase con outras
pequenas serras que atravesan a comarca como a Serra da Moura, Monte da Santa e a Serra
de San Marcos.
Vista xeral da serra do Laboreiro no inverno, desde A Cañiza.
Primavera no alto do Coto das Augas, na serra da Pena da Edra.
Nas partes máis altas das serras domina a vexetación herbácea e de matogueira formada por xesta,
uceira, toxo, carpaza, distintos tipos de breixos... Nas zonas máis asolladas atópanse arzaias, macelas... e
nas brañas e zonas húmidas brións, xuncos, rorelas... Arredor dos cursos de auga fórmanse bosques de
ribeira onde abondan os salgueiros, as amieiras e os freixos.
As zonas arboradas están dominadas por carballos e cerquiños mesturadas con bidueiros, castiñeiros,
pradairos, pereiras bravas... Nas zonas máis baixas hai bosques de repoboación de piñeiros.
Sucesión de vexetación na serra do Laboreiro. Abaixo as carballeiras e nas partes altas mato e prados.
Carballeira nas abas do Forriolo. Os bosques de frondosas desta
zona están formados por unha mestura de carballos (Quecus
robur) e cerquiños ou reboloes (Quercus pyrenaica) por entre os
que se atopan nas partes máis altas bidueiros.
Codeso (Adenocarpus complicatus).
Arbusto leñosos de follas compostas de
tres foliolos que florece nos beirais de
cultivos e carballeiras durante o verán.
Xolantha tuberaria.
É común en zonas
secas e florece
durante a
primavera e parte
do verán.
Breixos, carrascas, toxos e outras plantas
típicas da matogueira dos cumes.
Campaíñas (Campanula lusitanica).
Florece nas beiras dos cultivos e solos
areosos.
O cerquiño ou rebolo é o carballo típico do
sur de Galiza. Distínguese polas follas
veludas cos lóbulos máis pronunciados e as
landras sen rabo.
Phalacrocarpum oppositifolium, florece sobre as pedras
nos cumes das serras.
Plantago radicata, pequeno chantaxe
endémico das montañas da metade norte da
Península Ibérica.
Macela brava (Anthemis arvensis). Florece
desde a primavera ata o verán en beirais e
terrreos abertos. Pódese usar para facer
infusións.
Caravel enano
(Petrorhagia nantenilli).
Florece en terreos secos.
As arañas cangrexo (na imaxe Thomisus onustus)
son de cores craras para pasar desapercibidas nas
flores onde agarda ás súas presasa (nos constrúen
teas). Esta está debaixo dunha inflorescencia de
bolra azul (Jasione sp.), común nas zonas abertas
de media altura.
Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis).
Voa polas pradeiras onde a eiruga se alimenta
de herbas.
A fauna silvestre refúxiase nas zonas máis illadas nela atópanse: mamíferos (lobo, marta, gato
algarío, doniña, raposo, xabarín, morcegos, leirón...), aves (miñato, moucho, falcón,
gatafornela e gran variedade de paxaros), réptiles (víbora fuciñuda, lagartixa rabuda, cobra de
escada, cobregón...) e numerosos invertebrados.
Azulenta (Prunella nodularis).
É un paxaro habitual das
matogueiras entre as que
captura os insectos e apaña as
froitas das que se alimenta.
Cumes do Leboreiro desde o alto de Ouroso.
SERRA DO LABOREIRO
Describe un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Verea,
Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de
dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental.
Os picos máis altos nesta comarca son Ouroso (1.251, na fronteira coa Baixa Limia e con
Portugal), Froufre (1.244 m), Pena Rubia (1.232 m) e Outeiro de Pena Gache (1.226 m).
Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...) e ao Miño
(Deva e os seus afluentes, e Troncoso).
Accedese desde Bangueses, Outeiro das Augas (as Catro Cruces), Xacebáns, ou por Padrenda.
Pena Rubia, con 1.232 m, na serra do Leboreiro . Accedese pola estrada de Padrenda ou desde
Gorgua e Monterredondo. Desde a zona hai unhas vistas impresionantes sobre toda a comarca.
Cumes do Leboreiro desde o alto de Ouroso.
Outeiro da Pena Gache. Desde o cume hai excelentes vistas sobre os vales
do Miño, Arnoia e Deva. Serras do Faro e do Suído.
RUTAS POLO LABOREIRO
Existen varias rutas sinalizadas pola serra do Laboreiro e arredores.
P.R.G. 31 (11,5 km): Quintela de Leirado-Serra do Laboreiro. Desde os cumes pódese seguir unha ruta pola liña
fronteiriza e conectar co P.R.G 32 (no poste 27) ou co P.R.G 33 (no poste 29 1A).
P.R.G. 31 (21,8 km): Celanova-Serra do Laboreiro.
RUTA DO LEBOREIRO:
É unha gran ruta comarcal que percorre toda a comarca con punto de partida e remate en Celanova.
Parte desta ruta faise pola serra do Laboreiro: San Roque de Crespos-Penarrubia-Monte Redondo-miradoiro de Quinta-
Gorgua-Vilar, por estrada asfaltada.
Vista desde a
Pena Gache.
E véxome rubir, neno que eu era,
montado nun burriño, costa arriba,
camiño de Acebedo onde mouraba
toda a infancia miña.
No outo Penagache branquexaba a neve
e morría o outono.
A serán e a paisaxe, irmáns xemeas,
esvaíanse nos bosques de ouro.
Celso Emilio Ferreiro
Alto do Outeiro de Augas e cumes da Pena da Edra.
LOMBAS DA PENA DA EDRA
Prolongación cara ao nordeste da Serra do Laboreiro no concello de Verea. É unha serra de
cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra,
con 1.025 m e Coto da Atalaia con 1.018 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares
para toda a contorna: Serra do Xurés, O Laboreiro, terras de Bande e Celanova...
Accedese desde Verea pola estrada de Bangueses.
Serra da Moura vista desde Pena da Edra.
SERRA DA MOURA
Situada entre Celanova, Ramirás e Quintela de Leirado, con dirección NO-SE. A máxima altura
é a Moura, con 944 m. Accedese desde Quintela de Leirado ou desde Mosteiro.
Hai unha ruta circular de sendeirismo sinalizada (PRG 65) que parte de Mosteiro (Ramirás)
Coto da Fonte Santa
desde Verea.
MONTES DE BANDE
Pequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao
norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte
Santa, con 1.088 m. Accedese desde Bande ou Verea, polo Alto de Vieiros. Ao Forriolo
accedese pola estrada de Celanova a Vilar de Santos.
MONTE DE SAN CIBRAO
Pequeno macizo montañoso situado nos lindes de A Merca, A Bola Allariz e Rairiz de Veiga.
Acada no cume os 912 m. A maior parte está desprovisto de arborado. No seu cume hai unha
capela visigótica dedicada a San Cibrao e unha ampla área de lecer na que ten lugar unha
importante romería. Desde o cume divísanse amplas panorámicas sobre A Limia, O Xurés, O
Leboreiro, as terras de Celanova e Allariz.
Accedese desde un cruce sinalizado na estrada de Celanova a Allariz, entre Pardavedra (A
Bola) e Corvillón (A Merca).
Detalle dunha ventá da
capela de San Cibrao.
Dolme no cume de San Cibrao. Nesta zona abondan as
mámoas, e na actualidade hai dous dolmes escavados aos
Corvillón e o monte de San Cibrao.
Vista desde San Cibrao
sobre A Bola e A Merca.
Vista de Celanova cos Montes da Santa
e San Marcos ao fondo.
MONTES DA SANTA e
SAN MARCOS
Forman unha liña que
separa o concello de
Celanova do de Ramirás
con alturas de 600 a 700
m.
Castromao, nos montes da Santa. Este
castro foi escavado por López Cuevillas
e M. García Rollán, do equipo do
museo de Ourense. Está rodeado por
unha muralla que se aproxima aos 500
m de perímetro.
Nas proximidades, no monte do
Lameiriño hai unha reproducción dun
grupo de vivendas castrexas.
COTO NOVELLE
Monte de 714 m de altura no que
conflúen Cartelle, Arnoia e Castrelo de
Miño. Desde o cume hai unhas excelente
vistas sobre O Ribeiro e a comarca de
Celanova. Accedese desde a estrada de
Cartelle a Castrelo de Miño.
O CASTRO
O Monte do Castro (635 m) fai
fronteira entre Toén, Barbadás e
Cartelle.
Vista da Merca co monte do Castro ao fondo.
OS RÍOS
Os ríos que regan a comarca de Celanova son todos tributarios do MIÑO.
Os de maior protagonismo son o Arnoia, que a cruza de leste a oeste, e o Deva que baixa da
serrra do Laboreiro, separadas ambas cuncas pola serra da Pena da Hedra, Montes da Santa,
Serra da Moura e os montes de Gomesende e Cortegada.
Arredor destes ríos e dos seus afluentes consérvanse bosques de ribeira e carballeiras cunha
rica flora e fauna, e unha gran cantidade de vestixios históricos e etnográficos.
Vexetación de ribeira no Arnoia
(pé de boi, amieiras...).
Fento
Bosque de ribeira e fervenza
nun atranco do Arnoia.
Pradairo
(Acer pseudoplatanus).
Medra nos vales, á beira dos ríos.
Brións e saxífragas no toro dun salgueiro. A humidade e a
sombra que hai nalgúns bosques de ribeira permite que
algunhas Plantas sobrevivan (case como epífitas) sen
necesidade de dispor de terra.
Pé de boi (Oenanthe crocata), unha planta que
non falta á beira ou dentro de ríos e regatos
pouco fondos e de corrente suave.
Saramaganta rabilonga ou salamántiga galega
(Chioglosa lusitanica).
Especie endémica do noroeste da Península
Ibérica. Vive nas proximidades de regatos de
augas rápidas e ben osixenadas en microclimas
saturados de humidade. Considerada especie
vulnerable pola IUCN.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus).
En Galiza é sedentario e
pouco común.
RÍO MIÑO
Percorre un pequeno tramo no oeste da comarca, facendo de linde entre Pontedeva e
Padrenda (Ourense) e Crecente (Pontevedra).
Está encorado en parte pola presa das Frieiras.
O Miño en Padrenda.
O Arnoia en Rubillós.
O Arnoia en Ponte Hermida.
RÍO ARNOIA
É o principal río da comarca que a percorre de leste a oeste ata case xuntarse ao Miño en
terras do Ribeiro (Quinteiro-Arnoia). O Arnoia nace na serra de San Mamede e, despois de
atravesar as terras de Allariz entra na comarca de Celanova, nos lindes entre A Merca e
Allariz, formando un profundo canón en rochas graníticas. Os principais afluentes son o
Ourille, o Tuño e o Gato. Está intensamente explotado con centrais eléctricas.
Unha grande parte do seu curso foi proposto como LIC e está pendiente de aprobación.
Canón do Arnoia no lugar de Muíño dos Mouros. Entre Rubillós, onde se atopa a central da Merca, e seguindo a canle
que alimenta a central (collendo un camiño de terra á esquerda da estrada, 100 m arriba da propia central), pódese
percorrer o canón ata a presa, e baixar ao río en diferentes lugares para ver de preto as fervenzas que forman os
atrancos de moitos muíños (todos abandoados), os rápidos e pozas do propio río, as pontellas e gozar dos frescos túneis
que forma o bosque de ribeira.
Área de lecer da Pontenova.
Ao longo río Arnoia están os máis antigos vestixios históricos da comarca, como os castros da Peneda da
Lebre, Outeiro de San Marcos (A Mezquita), Castro de Rodela (en Faramontaos, entre os concellos de A
Merca e Celanova) e o Monte do Castro de Olás. Tamén se atopan gran variedade de pontes (romanas,
medievais...) muíños e levadas.
Ponte romana do Freixo, na parroquia de Penela. Declarada monumento histórico-artístico. Por ela pasaba un dos
ramais secundarios da Vía romana XVIII do Itinerario Antonino.
Ponte na zona de Rubillós
Pontella en Ponte Hermida.
Muíño en Ponte Fechas.
RÍO TUÑO
É o principal tributario do Arnoia nesta comarca. Recolle as augas das serras da Moura e Pena da Edra e
xúntase a el pola esquerda en Freás, despois de pasar polas terras de Verea, Celanova e Ramirás. No curso
medio ten unha minicentral.
O río Tuño en Mosteiro (Ramirás).
RÍO OURILLE
Fórmase en Verea ao xuntarse os regos
Batín e Pitelos, e percorre tamén terreos de
Celanova e A Bola. Xúntase ao Arnoia no
lugar da Barxiña (Celanova) despois de
recibir durante o seu percorrido as augas de
numerosos regatos (Vilariños ou Sabucedo,
Mamoelas, Porto, Poulo Sandin, Viqueiras,
Currás e Sampil.
O río Ourille en Ourille, na
zona da minicentral.
Área recreativa no río
Ourille, no concello da
Bola, lindando con
Celanova.
Fervenzas no río Gato en Sande (Cartelle)
RÍO GATO
Recolle as augas dos montes que separan as
cuncas do Miño e o Arnoia no concello de
Cartelle. Antes de se xuntar co Arnoia baixa
por un profundo canón no que hai varias
fervenzas.
Pozo do Gordo, na confluencia do Río Gato
co Arnoia en Sande (Cartelle)
RÍO DEVA
Nace na Serra do Laboreiro ao pé da Serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de
altitude, pasa por terras dos concellos de Verea, Quintela de Leirado, Padrenda e Pontedeva.
Xúntase co Miño facendo línde entre os concellos de Cortegada e Pontedeva. Forma un amplo
val onde se asenta a maioría da poboación desa zona. É un río con fortes pendentes no que
abondan os rápidos e as pozas. Ten numerosos afluentes de curso curto entre os que
destacan o río de Crespos (chamado tamén de Gorgua ou de Esmoriz), o Rabo do Gato, o
Valverde...
Río Deva en Xacebás, onde se coñece
tamén co nome de Río Grande.
Último tramo do Deva, xa encorado, antes de
xuntarse co Miño (Pontedeva).
Ponte medieval de Esmoriz, no río Gorgua, Esmoriz ou de Crespos, o principal afluente do Deva.
O RITO DA INMERSIÓN. No río Deva, en San Breixo de Deva, consérvase a tradición de facer rogativas e meter a San
Bartolomeu no río (ou simulalo) para pedir chuvia nas épocas de secura.
Fervenzas de Fondós no río Deva en
Leirado (Quintela de Leirado)
Fervenza do Rabo de Gato
Río Salto do Gato (Deva)
Xacebáns-Quintela de Leirado
Fervenzas do río Gorgua en Esmoriz en
Crespos (Padrenda)
Fervenzas de Freáns no Río Esmoriz ou Gorgua en
Padrenda.
Unha ruta acondicionada permite visitalas.
RÍO BARXAS OU TRONCOSO
Nace na serra do Laboreiro e durante case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense
(Padrenda) e Portugal ata botarse no Miño en Pontebarxas. No primeiro tramo do seu curso
salva un grande desnivel.
O Barxas na Azureira, no linde con Portugal.
O Barxas en Pontebarxas, na ponte fronteiriza.
AS ÁRBORES
Nesta comarca as árbores merecen un apartado especial, pola súa importante presenza,
formando bosques, plantacións ou como exemplares illados de especial interese patrimonial.
Os bosques autóctonos son relativamente abundantes nas abas das serras e nos canóns dos
ríos Arnoia, Deva, Troncoso e os seus afluentes. A maioría son carballeiras mixtas de carballo
do país (Quercus robur) e rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), xunto con bidueiros,
pradairos, pereiras bravas, érvedos, loureiros... e nas beiras dos ríos amieiras, salgueiros,
freixos, sabugueiros... Tamén son importantes os castiñeiros (Castanea sativa) que aparecen
en plantacións ou mesturados co bosque autóctono.
Bosque autóctono (carballeira mixta) no val o Arnoia (A Merca).
Plantación de piñeiros. As partes baixas e de releve
menos accidentadas das serras e montes están ocupadas
con explotación forestais de piñeiros.
Pereira brava en flor. As pereiras cóbrense de flores
a comezos da primavera, antes de que as árbores
que as acompañan nos bosques abran as follas.
Carballos do Santuario das Marabillas (Cartelle)
Atópanse no adro do santuario, nunha área ampla
que rodea a igrexa.
O máis grande mide 25 m de altura e 4,10 m de
perímetro, cunha copa moi ampla e ben formada
de 40 metros de perímetro. Carballo na capela de Bangueses de Arriba,
en Verea.
Carballo de Santa Águeda (Celanova)
Mide 5 m de perímetro.
Carballo de San Roque de Crespos.
Situado na praza de San Roque, nas
proximidades da igrexa.
Castiñeiros de Covas do Río. A Merca.
O máis grande mide 11,10 m de perímetro.
Castiñeiros de Abeleira. Padrenda. O máis grande ten
8,80 m de perímetro
Ramo de robinia en flor.
Acacacias falsas (Robinia psudoacacia) en
Celanova.
A máis grande mide 3,58 m de perímetro.
A robinia é unha árbore orixinaria de
América do Norte que se atopa plantada
en xardíns e beiras de estradas e camiños e
asilvestrada en moitos lugares
ESPAZOS PROTEXIDOS
RESERVA DA BIOSFERA
O Concello de A Bola forma parte da
Reserva da Biosfera “Área de Allariz”,
declarada polo Consello Internacional de
Coordinación do Programa Home-
Biosfera da UNESCO o 29 de xuño de
2005 por ser esta unha zona que
combina importantes valores culturais
co uso sostible da terra, atendendo á
conservación de flora e fauna.
Canastro na Merca.
Margaridas no Monte San Cibrao.
LIC BAIXA LIMIA
Parte da comarca de Celanova, na zona da Serra do Laboreiro nos concellos de Padrenda,
Quintela de Leirado e Verea, está incluída no espazo natural LIC “BAIXA LIMIA”, un espazo
dun grande interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico. Nos cumes das serras
consérvanse varios endemismos e nos vales importantes áreas arboradas con especies
autóctonas ou castiñeiros centenarios.
Cabras no Laboreiro, no val do río Troncoso.
Bangueses e Penagache.
Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...
Cando eu me atopare
de donos liberto
o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Curros Enríquez, Manuel
Aires da miña terra
(1880)
Rematamos o traballo cun poema do poeta de
Celanova Manuel Curros Enríquez (1851-1908)
MONTAXE E FOTOS:
Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2016San Miguel de Celanova

Contenu connexe

Tendances

Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 

Tendances (20)

Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 

En vedette

Construcciones en Madera MMO Toresani Roberto
Construcciones en  Madera MMO Toresani RobertoConstrucciones en  Madera MMO Toresani Roberto
Construcciones en Madera MMO Toresani RobertoEduardo Soracco
 
E lama бит финал 2010
E lama бит финал 2010E lama бит финал 2010
E lama бит финал 2010Konkurs BIT
 
Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...
Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...
Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...ARC Advisory Group
 
Consultor Seguridad Salud Laboral Venezuela
Consultor Seguridad Salud  Laboral VenezuelaConsultor Seguridad Salud  Laboral Venezuela
Consultor Seguridad Salud Laboral VenezuelaDavid Linares
 
De keynote speech van Jef Staes
De keynote speech van Jef StaesDe keynote speech van Jef Staes
De keynote speech van Jef StaesHerman Post
 
Your Awesome Product Won't Sell Itself
Your Awesome Product Won't Sell ItselfYour Awesome Product Won't Sell Itself
Your Awesome Product Won't Sell ItselfTara Hunt
 
Einrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-Aspekten
Einrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-AspektenEinrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-Aspekten
Einrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-AspektenFengshui und Geomantie
 
How to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas Dussurget
How to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas DussurgetHow to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas Dussurget
How to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas DussurgetAtlassian
 
Contabilidade e os Sistemas de Informação
Contabilidade e os Sistemas de InformaçãoContabilidade e os Sistemas de Informação
Contabilidade e os Sistemas de InformaçãoSérgio Santos
 
Manejo de teclado sin mouse
Manejo de teclado sin mouseManejo de teclado sin mouse
Manejo de teclado sin mousewilsonporsiempre
 
Marketing de Surf y de Deportes de Deslizamiento
Marketing de Surf y de Deportes de DeslizamientoMarketing de Surf y de Deportes de Deslizamiento
Marketing de Surf y de Deportes de DeslizamientoCarmen Herraiz de Miota
 
Elaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el Trabajo
Elaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el TrabajoElaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el Trabajo
Elaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el TrabajoDIANA GRANADOS
 
Legal and data protection update
Legal and data protection updateLegal and data protection update
Legal and data protection updateRachel Aldighieri
 
A project report on Chocolate
A project report on ChocolateA project report on Chocolate
A project report on ChocolateAnjali Singh
 
Presentation Smart Home With Home Automation
Presentation Smart Home With Home AutomationPresentation Smart Home With Home Automation
Presentation Smart Home With Home AutomationArifur Rahman
 

En vedette (20)

Construcciones en Madera MMO Toresani Roberto
Construcciones en  Madera MMO Toresani RobertoConstrucciones en  Madera MMO Toresani Roberto
Construcciones en Madera MMO Toresani Roberto
 
E lama бит финал 2010
E lama бит финал 2010E lama бит финал 2010
E lama бит финал 2010
 
The Ten Commandments of Egoless Programming
The Ten Commandments of Egoless ProgrammingThe Ten Commandments of Egoless Programming
The Ten Commandments of Egoless Programming
 
Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...
Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...
Arc's Dick Slansky & Greg Gorbach's Virtual Commission Workshop @ 2009 ARC In...
 
Consultor Seguridad Salud Laboral Venezuela
Consultor Seguridad Salud  Laboral VenezuelaConsultor Seguridad Salud  Laboral Venezuela
Consultor Seguridad Salud Laboral Venezuela
 
Microclase melissa g
Microclase melissa gMicroclase melissa g
Microclase melissa g
 
De keynote speech van Jef Staes
De keynote speech van Jef StaesDe keynote speech van Jef Staes
De keynote speech van Jef Staes
 
Your Awesome Product Won't Sell Itself
Your Awesome Product Won't Sell ItselfYour Awesome Product Won't Sell Itself
Your Awesome Product Won't Sell Itself
 
Einrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-Aspekten
Einrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-AspektenEinrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-Aspekten
Einrichtung eines Ladens nach Feng-Shui-Aspekten
 
How to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas Dussurget
How to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas DussurgetHow to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas Dussurget
How to Implement SLAs and Metrics in JIRA Service Desk - Lucas Dussurget
 
Contabilidade e os Sistemas de Informação
Contabilidade e os Sistemas de InformaçãoContabilidade e os Sistemas de Informação
Contabilidade e os Sistemas de Informação
 
Manejo de teclado sin mouse
Manejo de teclado sin mouseManejo de teclado sin mouse
Manejo de teclado sin mouse
 
Ohsa 18001
Ohsa 18001Ohsa 18001
Ohsa 18001
 
Marketing de Surf y de Deportes de Deslizamiento
Marketing de Surf y de Deportes de DeslizamientoMarketing de Surf y de Deportes de Deslizamiento
Marketing de Surf y de Deportes de Deslizamiento
 
Elaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el Trabajo
Elaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el TrabajoElaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el Trabajo
Elaboracion IPER segun LEY 29783 Seguridad y Salud en el Trabajo
 
Ediba 2° ciclo
Ediba 2° cicloEdiba 2° ciclo
Ediba 2° ciclo
 
Legal and data protection update
Legal and data protection updateLegal and data protection update
Legal and data protection update
 
A project report on Chocolate
A project report on ChocolateA project report on Chocolate
A project report on Chocolate
 
Presentation Smart Home With Home Automation
Presentation Smart Home With Home AutomationPresentation Smart Home With Home Automation
Presentation Smart Home With Home Automation
 
Interdisciplinary Success of Projects
Interdisciplinary Success of ProjectsInterdisciplinary Success of Projects
Interdisciplinary Success of Projects
 

Similaire à Comarca Terra de Celanova

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 

Similaire à Comarca Terra de Celanova (14)

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 

Plus de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Plus de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Terra de Celanova

  • 2. SUPERFICIE: 513,56 km2 POBOACIÓN: 18.534 habitantes (datos 2015). CONCELLOS: A Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea. ESPAZOS PROTEXIDOS: RESERVA DA BIOSFERA “Terras de Allariz” LIC: “Baixa Limia Serra do Xurés”.
  • 3. A comarca Terra de Celanova atópase ao oeste da provincia de Ourense, lindando con Portugal polo suroeste. O territorio é moi irregular e distínguense dúas áreas, as zonas altas, situadas nos lindes polo sur e o leste: Serras do Leboreiro, Outeiro de Augas, Montes de Bande, Monte Calvo e San Cibrao; e unha depresión marcada polos vales dos ríos Arnoia e Deva e os seus afluentes.
  • 4. A comarca ten unha grande taxa de emigración e tendencia ao abandono das áreas rurais. A cabeceira é a vila de Celanova. Os grandes contrastes no relevo e no clima fan que sexa unha área de gran interese paisaxístico e e ecolóxico, onde se atopa tamén unha gran riqueza artística e etnográfica. Un día de feira de Celanova.
  • 5. CLIMA É unha área de clima moi variado, dada as diferenzas de altitude entre os cumes e os vales. Caracterízase polas grandes oscilacións de temperatura entre o verán e o inverno e a escaseza de chuvias.
  • 6. CONCELLOS A BOLA Está situado nun terreo de media montaña coas máximas alturas no Monte Calvo e san Cibrao, ao leste, no linde con Allariz e Rairiz de Veiga. Está regado por varios afluentes do río Arnoia. As actividades máis destacadas son a agricultura, pequenas industrias e os servizos. Os principais núcleos son A Veiga (onde está o concello), Podentes (onde están a maior parte dos servizos) e Santa Baia. Forma parte da Reserva da Biosfera “Area de Allariz”. SUPERFICIE: 39,9 km² POBOACIÓN: 1.339 habitantes (datos 2015). PARROQUIAS: Pardavedra, Podentes, San Miguel de Berredo, San Maritiño de Berredo, Santa Baia de Berredo, Sorga, Soutomel e A Veiga A Bola que da nome ao concello. Unha formación granítica orixinada por alteración da rocha que se fendeu por diferentes fracturas e que a erosión co paso do tempo deixou ao descuberto.
  • 7. Santa Baia de Berredo
  • 8. San Munio da Veiga
  • 9. A MERCA A maior parte do territorio de A Merca ten unha altitude de 400 a 500 m e está situado na zona de transición entre a depresión de Ourense e o val do Arnoia. O sur está atravesado polo río Arnoia encaixado entre as abas do monte de San Cibrao e unha cadea de montes de arredor de 600 m de altitude que separan as cuncas do Miño e o Arnoia, o centro ocúpao o val no que se xuntan as augas que conforman o río Barbadás, que vai desaugar ao Miño, e volve a erguerse cara ao noroeste no Monte Castro. As principais ocupacións son os servizos, a agricultura e a industria. Máis do 60% dos terreos municipais son forestais e unha gran parte deles arborada. SUPERFICIE: 50,92 Km2 POBOACIÓN: 2.021 habitantes (datos 2015). PARROQUIAS: A Merca, A Manchica, Corvillón, Entrambosríos, Faramontaos, A Mezquita, Froxás das Viñas, Olás de Vilariño, Parderrubias, Pereira de Montes, Proente e Zarracós. Conxunto de 34 canastros ou hórreos na Merca. O máis numeroso de Galiza.
  • 10. A Merca É un concello con importantes mostras artísticas e etnográficas. O Entroido de A Mezquita, é de gran interese etnográfico; durante dous días os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas e perseguen ao público polas rúas. Igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico. Nas súas proximidades, consérvanse sartegos antropomorfos
  • 11. CARTELLE Ten un releve moi accidentado que baixa desde o norte (Monte Castro, 635 m e Coto Novelle, 712 m) ata o río Arnoia ao que se xuntan os pequenos ríos e regatos que se forman nas súas ladeiras (río Galo, río das Elas...). A capital municipal é Outomuro. As actividades máis importantes son a agricultura a gandeiría, pequenas industrias e os servizos. Ten unha importante superficie forestal de monte en man común. SUPERFICIE: 93,94 km2 POBOACIÓN: 2.944 habitantes (datos 2014). PARROQUIAS: Anfeoz, Cartelle, Couxil, Espioñoso, As Marabillas, O Mundil, Penela, Sabucedo de Montes, San Tomé, Sande, As Seixadas e Vilar de Vacas. Vista do val do Arnoia xa case no límite coas terras do Ribeiro.
  • 12. Santuario da nosa Señora das Marabillas. Ruínas do antigo castelo de Sande, que foi doado ao Mosteiro de Celanova por Alfonso VII no século XII. Está emprazada nun pequeno monte desde o que se divisa unha ampla panorámica cos vales do Arnoia e do Miño.
  • 13. CELANOVA Ten unha extensión de e distribuídos en 18 parroquias: É unha zona de media montaña, coas maiores alturas na metade sur, nos montes onde nace o do río Tuño. Polo norte ten o val o río Arnoia e polo leste o val do río Ourille. As principais actividades son os servizos, as pequenas industrias e a agricultura. Acolle un importante patrimonio histórico artístico: castro de Castromao, Vilanova dos Infantes, vila de Celanova SUPERFICIE: 67 km2 POBOACIÓN: 5.536 habitantes (datos 2015). PARROQUIAS: Acebedo do Río, Alcázar de Milmanda, Amoroce, Ansemil, Barxa, Bobadela, Cañón, Castromao, Celanova, Fechas, Freixo, Milmanda, Mourillós, Orga, Rabal, Veiga, Vilanova dos Infantes e Viveiro. A vila de Celanova, con arredor de 3.000 habitantes é a capital administrativa e económica do concello e da comarca. Conserva un interesante casco antigo con casas con galerías e soportais organizado arredor do mosteiro.
  • 14. Mosteiro benedictino de San Salvador, declarado monumento histórico-artístico nacional en 1931.
  • 15. Igrexa de San Miguel de Celanova, situada no patio do mosteiro. É a única construcción da época fundacional (ano 936), de estilo mozárabe, declarada Monumento Histórico Nacional en 1923.
  • 16. Torre de Vilanova dos Infantes, resto dun antigo castelo medieval derribado polos Irmandiños. Na actualidade acolle o Centro Comarcal. Desde a súa altura (20 m sobre o chan) abránguense amplas panorámicas sobre a comarca. Vista de Vilanova dos Infantes desde o alto da torre. Esta antiga vila conserva un conxunto arquitectónico e etnográfico de gran interese, recentemente rehabilitado.
  • 17. GOMESENDE O territorio aséntase entre os vales dos ríos Arnoia, que fai de linde do concello polo norte, e o Deva que ocupa os tres cuartos do territorio, polo que discorren varios regatos que baixan da Serra da Moura e dos Montes do Val, e está, polo tanto, moi marcado pola erosión fluvial. As maiores alturas atópanse na Serra da Moura (Marco das Cruces con 869 m) que serve de límite con Quintela de Leirado. Foi un importante lugar de paso entre Portugal, o val do Miño e Celanova. A capital do concello é Sobrado. Santuario de Nosa Señora do Val de Poulo, levantado no lugar ondo houbo unha antiga capela. É de estilo neoclásico-barroco e quedou sen rematar (formaba parte do proxecto dun convento dependente da igrexa de San Pedro de Poulo). Nas proximidades atópanse as ruínas dun hospital para os peregrinos que facían a ruta Porto-Celanova-Santiago. Desde o Alto de Val, aprécianse unhas interesantes vistas panorámicas do val de Gomesende. SUPERFICIE: 28,2 km2 POBOACIÓN: 829 habitantes (datos 2015). PARROQUIAS: A Guía, O Pao, Poulo, Fustáns e O Val, e unha parte da de Penosiños, que ten a súa cabeceira e unha gran parte do territorio en Ramirás.
  • 18. Vista de Gomesende desde o alto do Val, coa serra da Moura ao fondo.
  • 19. SUPERFICIE: 57 km2 POBOACIÓN: 1.912 habitantes (datos 2015). PARROQUIAS: O Condado, Crespos, Desteriz, Monterredondo, Padrenda e San Pedro da Torre. PADRENDA Situada entre as abas orientais da serra do Laboreiro e o río Miño. O territorio é moi irregular, coas máximas alturas na serra do Laboreiro (Pena Rubia, con 1.232 m). Está atravesado polo río de Crespos que baixa da serra do Laboreiro para xuntarse co Deva no límite co concello de Pontedeva. As principais actividades son a agricultura e a gandeiría. A capital do concello está en San Roque de Crespos O sur do territorio do concello, na serra do Laboreiro, forma parte do LIC “Baixa Limia”. Val do río Troncoso ou das Barxas desde Eira da Lapela, na serra do Laboreiro.
  • 20. Vista do encoro da Frieira (Miño) desde a Igrexa de San Miguel, un expléndido mirador sobre o sur do concello.
  • 21. SUPERFICIE: 10 km2 POBOACIÓN: 600 habitantes (datos 2015) PARROQUIAS: Pontedeva e Trado. PONTEDEVA É un dos concellos máis pequenos da provincia de Ourense. O territorio comprende unha pequena parte do val do Miño e o tramo final do río Deva e algúns pequenos afluentes, que forman uns terreos fértiles onde se cultiva a terra en socalcos. As máximas alturas sitúanse arredor dos 400 m na parte máis occidental do concello e nos lindes co municipio de Padrenda, (o cume máis elevado é o Penedo do Monte). As principais actividades son a agricultura tradicional (sobre todo vides) e os servizos. A capital municipal está en Aldea de Deva.
  • 22. O río Deva en Aldea de Deva.
  • 23. QUINTELA DE LEIRADO O territorio do concello é moi montañoso. Sitúase entre as abas da serra do Laboreiro (Pena Gache e O Castelo) e a serra da Moura, no linde con Ramirás. O curso alto do río Deva forma os vales onde se asenta a maior parte da poboación e se desenvolve a agricultura. Unha parte do concello está incluída no LIC Baixa Limia. SUPERFICIE: 31,6 km2 POBOACIÓN: 651 habitantes (datos 2014). PARROQUIAS: Quintela de Leirado, Xacebáns, Redemuiños, Leirado e Mociños. Vista desde Leirado cara á serra do Laboreiro. Existe unha ruta de sendeirismo que chega ata a vila portuguesa de Castro Laboreiro.
  • 24. Xacebáns, con Pena Gache ao fondo.
  • 25. RAMIRÁS Está situado nun terreo en pendente entre a serra da Moura e o río Arnoia, ocupado en gran parte polo val do río Tuño (afluente pola esquerda do Arnoia). A principal actividade é a agricultura e a silvicultura. A capitalidade atópase no Picouto. Ramirás. Mosteiro de San Pedro de Ramirás, de estilo románico e gótico. Hai documentos que sitúan a súa existencia no século X. Foi mosteiro de monxas benedictinas desde 1.137, e actualmente está ocupado clarisas. SUPERFICIE: 40 km2 POBOACIÓN: 1.643 habitantes (datos 2014). PARROQUIAS: Casardeita, Escudeiros, Freás de Eiras, Grixó, Mosteiro, Paizás, Santo André de Penosiños, San Salvador de Penosiños, Rubiás e Vilameá de Ramirás.
  • 26. Vista do val do Tuño coa serra da Moura ao fondo. Unha ruta de senderismo parte de Mosteiro e percorre a serra.
  • 27. SUPERFICIE: 94,19 km2 POBOACIÓN: 1.059 habitantes (datos 2014). PARROQUIAS: Albos, Bangueses, Santo Adrao de Cexo, Santa María de Cexo, Domés, Gontán, Ourille, Pitelos, Portela, Sanguñedo e Verea. VEREA É un terreo encosta coas alturas máis grandes no sur, nas serras do Laboreiro, Pena da Edra e Montes de Bande onde están as cabeceiras dos ríos Grande (Deva), Tuño e Ourille. As principais actividades son a agricultura, a gandeiría e os servizos. A capital sitúase en Carballo. A súa situación, entre Portugal e Celanova, fai que fose desde sempre un lugar de paso polo que discorría o trazado dunha vía romana e do camiño de Santiago que viña de Porto. Unha parte do concello está incluída no LIC Baixa Limia. Guitarrista no remate da igrexa parroquial de San Pedro de Ourille.
  • 28. Bangueses, coa serra do Laboreiro ao fondo.
  • 29. RELEVO A Terra de Celanova ten unha morfoloxía moi irregular e variada debido á acción tectónica -que elevou unhas zonas e encaixou os vales dos ríos-, á variedade litolóxica e á acción xeolóxica dos diferentes cursos de auga. No norte dominan os xistos, as lousas e outras rochas metamórficas, mesturadas con algúns granitos, e no sur dominan os granitos (granodioritas, granitos e granitoides). A maioría das serras sitúanse nos contornos da comarca facendo de lindes naturais coas demais comarcas ou con Portugal: Laboreiro no oeste e sur, Lombas de Pena da Hedra e Montes de Bande (Fonte Santa), ao sur; Serras de Monte Calvo (O Furriolo) e San Cibrao, ao leste, e O Castro e Coto Novelle ao norte. A variada morfoloxía complétase con outras pequenas serras que atravesan a comarca como a Serra da Moura, Monte da Santa e a Serra de San Marcos. Vista xeral da serra do Laboreiro no inverno, desde A Cañiza.
  • 30. Primavera no alto do Coto das Augas, na serra da Pena da Edra. Nas partes máis altas das serras domina a vexetación herbácea e de matogueira formada por xesta, uceira, toxo, carpaza, distintos tipos de breixos... Nas zonas máis asolladas atópanse arzaias, macelas... e nas brañas e zonas húmidas brións, xuncos, rorelas... Arredor dos cursos de auga fórmanse bosques de ribeira onde abondan os salgueiros, as amieiras e os freixos. As zonas arboradas están dominadas por carballos e cerquiños mesturadas con bidueiros, castiñeiros, pradairos, pereiras bravas... Nas zonas máis baixas hai bosques de repoboación de piñeiros.
  • 31. Sucesión de vexetación na serra do Laboreiro. Abaixo as carballeiras e nas partes altas mato e prados.
  • 32. Carballeira nas abas do Forriolo. Os bosques de frondosas desta zona están formados por unha mestura de carballos (Quecus robur) e cerquiños ou reboloes (Quercus pyrenaica) por entre os que se atopan nas partes máis altas bidueiros.
  • 33. Codeso (Adenocarpus complicatus). Arbusto leñosos de follas compostas de tres foliolos que florece nos beirais de cultivos e carballeiras durante o verán. Xolantha tuberaria. É común en zonas secas e florece durante a primavera e parte do verán. Breixos, carrascas, toxos e outras plantas típicas da matogueira dos cumes.
  • 34. Campaíñas (Campanula lusitanica). Florece nas beiras dos cultivos e solos areosos. O cerquiño ou rebolo é o carballo típico do sur de Galiza. Distínguese polas follas veludas cos lóbulos máis pronunciados e as landras sen rabo.
  • 35. Phalacrocarpum oppositifolium, florece sobre as pedras nos cumes das serras. Plantago radicata, pequeno chantaxe endémico das montañas da metade norte da Península Ibérica.
  • 36. Macela brava (Anthemis arvensis). Florece desde a primavera ata o verán en beirais e terrreos abertos. Pódese usar para facer infusións. Caravel enano (Petrorhagia nantenilli). Florece en terreos secos.
  • 37. As arañas cangrexo (na imaxe Thomisus onustus) son de cores craras para pasar desapercibidas nas flores onde agarda ás súas presasa (nos constrúen teas). Esta está debaixo dunha inflorescencia de bolra azul (Jasione sp.), común nas zonas abertas de media altura. Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis). Voa polas pradeiras onde a eiruga se alimenta de herbas.
  • 38. A fauna silvestre refúxiase nas zonas máis illadas nela atópanse: mamíferos (lobo, marta, gato algarío, doniña, raposo, xabarín, morcegos, leirón...), aves (miñato, moucho, falcón, gatafornela e gran variedade de paxaros), réptiles (víbora fuciñuda, lagartixa rabuda, cobra de escada, cobregón...) e numerosos invertebrados. Azulenta (Prunella nodularis). É un paxaro habitual das matogueiras entre as que captura os insectos e apaña as froitas das que se alimenta.
  • 39. Cumes do Leboreiro desde o alto de Ouroso. SERRA DO LABOREIRO Describe un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira entre os concellos de Verea, Quintela de Leirado e Padrendra con Portugal. De morfoloxía suave, formada por granitos de dúas micas na zona central, granodioritas no occidental e xistos no oriental. Os picos máis altos nesta comarca son Ouroso (1.251, na fronteira coa Baixa Limia e con Portugal), Froufre (1.244 m), Pena Rubia (1.232 m) e Outeiro de Pena Gache (1.226 m). Nas vertentes galegas nacen ríos e regatos que van ao Arnoia (Cexo, Ourille...) e ao Miño (Deva e os seus afluentes, e Troncoso). Accedese desde Bangueses, Outeiro das Augas (as Catro Cruces), Xacebáns, ou por Padrenda.
  • 40. Pena Rubia, con 1.232 m, na serra do Leboreiro . Accedese pola estrada de Padrenda ou desde Gorgua e Monterredondo. Desde a zona hai unhas vistas impresionantes sobre toda a comarca. Cumes do Leboreiro desde o alto de Ouroso.
  • 41. Outeiro da Pena Gache. Desde o cume hai excelentes vistas sobre os vales do Miño, Arnoia e Deva. Serras do Faro e do Suído.
  • 42. RUTAS POLO LABOREIRO Existen varias rutas sinalizadas pola serra do Laboreiro e arredores. P.R.G. 31 (11,5 km): Quintela de Leirado-Serra do Laboreiro. Desde os cumes pódese seguir unha ruta pola liña fronteiriza e conectar co P.R.G 32 (no poste 27) ou co P.R.G 33 (no poste 29 1A). P.R.G. 31 (21,8 km): Celanova-Serra do Laboreiro. RUTA DO LEBOREIRO: É unha gran ruta comarcal que percorre toda a comarca con punto de partida e remate en Celanova. Parte desta ruta faise pola serra do Laboreiro: San Roque de Crespos-Penarrubia-Monte Redondo-miradoiro de Quinta- Gorgua-Vilar, por estrada asfaltada. Vista desde a Pena Gache.
  • 43. E véxome rubir, neno que eu era, montado nun burriño, costa arriba, camiño de Acebedo onde mouraba toda a infancia miña. No outo Penagache branquexaba a neve e morría o outono. A serán e a paisaxe, irmáns xemeas, esvaíanse nos bosques de ouro. Celso Emilio Ferreiro
  • 44. Alto do Outeiro de Augas e cumes da Pena da Edra. LOMBAS DA PENA DA EDRA Prolongación cara ao nordeste da Serra do Laboreiro no concello de Verea. É unha serra de cumes achairados e desprovistos de vexetación arbórea. O punto máis alto é Pena da Edra, con 1.025 m e Coto da Atalaia con 1.018 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares para toda a contorna: Serra do Xurés, O Laboreiro, terras de Bande e Celanova... Accedese desde Verea pola estrada de Bangueses.
  • 45. Serra da Moura vista desde Pena da Edra. SERRA DA MOURA Situada entre Celanova, Ramirás e Quintela de Leirado, con dirección NO-SE. A máxima altura é a Moura, con 944 m. Accedese desde Quintela de Leirado ou desde Mosteiro. Hai unha ruta circular de sendeirismo sinalizada (PRG 65) que parte de Mosteiro (Ramirás)
  • 46. Coto da Fonte Santa desde Verea. MONTES DE BANDE Pequeno macizo entre os concellos de Verea, Rairiz de Veiga e Bande que se prolonga cara ao norte ata A Bola polo Forriolo (857 m) e o Monte Calvo. O punto máis alto é o Coto da Fonte Santa, con 1.088 m. Accedese desde Bande ou Verea, polo Alto de Vieiros. Ao Forriolo accedese pola estrada de Celanova a Vilar de Santos.
  • 47. MONTE DE SAN CIBRAO Pequeno macizo montañoso situado nos lindes de A Merca, A Bola Allariz e Rairiz de Veiga. Acada no cume os 912 m. A maior parte está desprovisto de arborado. No seu cume hai unha capela visigótica dedicada a San Cibrao e unha ampla área de lecer na que ten lugar unha importante romería. Desde o cume divísanse amplas panorámicas sobre A Limia, O Xurés, O Leboreiro, as terras de Celanova e Allariz. Accedese desde un cruce sinalizado na estrada de Celanova a Allariz, entre Pardavedra (A Bola) e Corvillón (A Merca). Detalle dunha ventá da capela de San Cibrao. Dolme no cume de San Cibrao. Nesta zona abondan as mámoas, e na actualidade hai dous dolmes escavados aos
  • 48. Corvillón e o monte de San Cibrao. Vista desde San Cibrao sobre A Bola e A Merca.
  • 49. Vista de Celanova cos Montes da Santa e San Marcos ao fondo. MONTES DA SANTA e SAN MARCOS Forman unha liña que separa o concello de Celanova do de Ramirás con alturas de 600 a 700 m. Castromao, nos montes da Santa. Este castro foi escavado por López Cuevillas e M. García Rollán, do equipo do museo de Ourense. Está rodeado por unha muralla que se aproxima aos 500 m de perímetro. Nas proximidades, no monte do Lameiriño hai unha reproducción dun grupo de vivendas castrexas.
  • 50. COTO NOVELLE Monte de 714 m de altura no que conflúen Cartelle, Arnoia e Castrelo de Miño. Desde o cume hai unhas excelente vistas sobre O Ribeiro e a comarca de Celanova. Accedese desde a estrada de Cartelle a Castrelo de Miño. O CASTRO O Monte do Castro (635 m) fai fronteira entre Toén, Barbadás e Cartelle. Vista da Merca co monte do Castro ao fondo.
  • 51. OS RÍOS Os ríos que regan a comarca de Celanova son todos tributarios do MIÑO. Os de maior protagonismo son o Arnoia, que a cruza de leste a oeste, e o Deva que baixa da serrra do Laboreiro, separadas ambas cuncas pola serra da Pena da Hedra, Montes da Santa, Serra da Moura e os montes de Gomesende e Cortegada. Arredor destes ríos e dos seus afluentes consérvanse bosques de ribeira e carballeiras cunha rica flora e fauna, e unha gran cantidade de vestixios históricos e etnográficos. Vexetación de ribeira no Arnoia (pé de boi, amieiras...). Fento
  • 52. Bosque de ribeira e fervenza nun atranco do Arnoia.
  • 53. Pradairo (Acer pseudoplatanus). Medra nos vales, á beira dos ríos. Brións e saxífragas no toro dun salgueiro. A humidade e a sombra que hai nalgúns bosques de ribeira permite que algunhas Plantas sobrevivan (case como epífitas) sen necesidade de dispor de terra. Pé de boi (Oenanthe crocata), unha planta que non falta á beira ou dentro de ríos e regatos pouco fondos e de corrente suave.
  • 54. Saramaganta rabilonga ou salamántiga galega (Chioglosa lusitanica). Especie endémica do noroeste da Península Ibérica. Vive nas proximidades de regatos de augas rápidas e ben osixenadas en microclimas saturados de humidade. Considerada especie vulnerable pola IUCN. Merlo rieiro (Cinclus cinclus). En Galiza é sedentario e pouco común.
  • 55. RÍO MIÑO Percorre un pequeno tramo no oeste da comarca, facendo de linde entre Pontedeva e Padrenda (Ourense) e Crecente (Pontevedra). Está encorado en parte pola presa das Frieiras. O Miño en Padrenda.
  • 56. O Arnoia en Rubillós. O Arnoia en Ponte Hermida. RÍO ARNOIA É o principal río da comarca que a percorre de leste a oeste ata case xuntarse ao Miño en terras do Ribeiro (Quinteiro-Arnoia). O Arnoia nace na serra de San Mamede e, despois de atravesar as terras de Allariz entra na comarca de Celanova, nos lindes entre A Merca e Allariz, formando un profundo canón en rochas graníticas. Os principais afluentes son o Ourille, o Tuño e o Gato. Está intensamente explotado con centrais eléctricas. Unha grande parte do seu curso foi proposto como LIC e está pendiente de aprobación.
  • 57. Canón do Arnoia no lugar de Muíño dos Mouros. Entre Rubillós, onde se atopa a central da Merca, e seguindo a canle que alimenta a central (collendo un camiño de terra á esquerda da estrada, 100 m arriba da propia central), pódese percorrer o canón ata a presa, e baixar ao río en diferentes lugares para ver de preto as fervenzas que forman os atrancos de moitos muíños (todos abandoados), os rápidos e pozas do propio río, as pontellas e gozar dos frescos túneis que forma o bosque de ribeira.
  • 58. Área de lecer da Pontenova.
  • 59. Ao longo río Arnoia están os máis antigos vestixios históricos da comarca, como os castros da Peneda da Lebre, Outeiro de San Marcos (A Mezquita), Castro de Rodela (en Faramontaos, entre os concellos de A Merca e Celanova) e o Monte do Castro de Olás. Tamén se atopan gran variedade de pontes (romanas, medievais...) muíños e levadas. Ponte romana do Freixo, na parroquia de Penela. Declarada monumento histórico-artístico. Por ela pasaba un dos ramais secundarios da Vía romana XVIII do Itinerario Antonino.
  • 60. Ponte na zona de Rubillós Pontella en Ponte Hermida. Muíño en Ponte Fechas.
  • 61. RÍO TUÑO É o principal tributario do Arnoia nesta comarca. Recolle as augas das serras da Moura e Pena da Edra e xúntase a el pola esquerda en Freás, despois de pasar polas terras de Verea, Celanova e Ramirás. No curso medio ten unha minicentral. O río Tuño en Mosteiro (Ramirás).
  • 62. RÍO OURILLE Fórmase en Verea ao xuntarse os regos Batín e Pitelos, e percorre tamén terreos de Celanova e A Bola. Xúntase ao Arnoia no lugar da Barxiña (Celanova) despois de recibir durante o seu percorrido as augas de numerosos regatos (Vilariños ou Sabucedo, Mamoelas, Porto, Poulo Sandin, Viqueiras, Currás e Sampil. O río Ourille en Ourille, na zona da minicentral. Área recreativa no río Ourille, no concello da Bola, lindando con Celanova.
  • 63. Fervenzas no río Gato en Sande (Cartelle) RÍO GATO Recolle as augas dos montes que separan as cuncas do Miño e o Arnoia no concello de Cartelle. Antes de se xuntar co Arnoia baixa por un profundo canón no que hai varias fervenzas.
  • 64. Pozo do Gordo, na confluencia do Río Gato co Arnoia en Sande (Cartelle)
  • 65. RÍO DEVA Nace na Serra do Laboreiro ao pé da Serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altitude, pasa por terras dos concellos de Verea, Quintela de Leirado, Padrenda e Pontedeva. Xúntase co Miño facendo línde entre os concellos de Cortegada e Pontedeva. Forma un amplo val onde se asenta a maioría da poboación desa zona. É un río con fortes pendentes no que abondan os rápidos e as pozas. Ten numerosos afluentes de curso curto entre os que destacan o río de Crespos (chamado tamén de Gorgua ou de Esmoriz), o Rabo do Gato, o Valverde... Río Deva en Xacebás, onde se coñece tamén co nome de Río Grande. Último tramo do Deva, xa encorado, antes de xuntarse co Miño (Pontedeva).
  • 66. Ponte medieval de Esmoriz, no río Gorgua, Esmoriz ou de Crespos, o principal afluente do Deva. O RITO DA INMERSIÓN. No río Deva, en San Breixo de Deva, consérvase a tradición de facer rogativas e meter a San Bartolomeu no río (ou simulalo) para pedir chuvia nas épocas de secura.
  • 67. Fervenzas de Fondós no río Deva en Leirado (Quintela de Leirado)
  • 68. Fervenza do Rabo de Gato Río Salto do Gato (Deva) Xacebáns-Quintela de Leirado
  • 69. Fervenzas do río Gorgua en Esmoriz en Crespos (Padrenda)
  • 70. Fervenzas de Freáns no Río Esmoriz ou Gorgua en Padrenda. Unha ruta acondicionada permite visitalas.
  • 71. RÍO BARXAS OU TRONCOSO Nace na serra do Laboreiro e durante case todo o seu percorrido fai fronteira entre Ourense (Padrenda) e Portugal ata botarse no Miño en Pontebarxas. No primeiro tramo do seu curso salva un grande desnivel. O Barxas na Azureira, no linde con Portugal. O Barxas en Pontebarxas, na ponte fronteiriza.
  • 72. AS ÁRBORES Nesta comarca as árbores merecen un apartado especial, pola súa importante presenza, formando bosques, plantacións ou como exemplares illados de especial interese patrimonial. Os bosques autóctonos son relativamente abundantes nas abas das serras e nos canóns dos ríos Arnoia, Deva, Troncoso e os seus afluentes. A maioría son carballeiras mixtas de carballo do país (Quercus robur) e rebolo ou cerquiño (Quercus pyrenaica), xunto con bidueiros, pradairos, pereiras bravas, érvedos, loureiros... e nas beiras dos ríos amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros... Tamén son importantes os castiñeiros (Castanea sativa) que aparecen en plantacións ou mesturados co bosque autóctono. Bosque autóctono (carballeira mixta) no val o Arnoia (A Merca).
  • 73. Plantación de piñeiros. As partes baixas e de releve menos accidentadas das serras e montes están ocupadas con explotación forestais de piñeiros. Pereira brava en flor. As pereiras cóbrense de flores a comezos da primavera, antes de que as árbores que as acompañan nos bosques abran as follas.
  • 74. Carballos do Santuario das Marabillas (Cartelle) Atópanse no adro do santuario, nunha área ampla que rodea a igrexa. O máis grande mide 25 m de altura e 4,10 m de perímetro, cunha copa moi ampla e ben formada de 40 metros de perímetro. Carballo na capela de Bangueses de Arriba, en Verea.
  • 75. Carballo de Santa Águeda (Celanova) Mide 5 m de perímetro. Carballo de San Roque de Crespos. Situado na praza de San Roque, nas proximidades da igrexa.
  • 76. Castiñeiros de Covas do Río. A Merca. O máis grande mide 11,10 m de perímetro. Castiñeiros de Abeleira. Padrenda. O máis grande ten 8,80 m de perímetro
  • 77. Ramo de robinia en flor. Acacacias falsas (Robinia psudoacacia) en Celanova. A máis grande mide 3,58 m de perímetro. A robinia é unha árbore orixinaria de América do Norte que se atopa plantada en xardíns e beiras de estradas e camiños e asilvestrada en moitos lugares
  • 78. ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DA BIOSFERA O Concello de A Bola forma parte da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, declarada polo Consello Internacional de Coordinación do Programa Home- Biosfera da UNESCO o 29 de xuño de 2005 por ser esta unha zona que combina importantes valores culturais co uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna. Canastro na Merca. Margaridas no Monte San Cibrao.
  • 79. LIC BAIXA LIMIA Parte da comarca de Celanova, na zona da Serra do Laboreiro nos concellos de Padrenda, Quintela de Leirado e Verea, está incluída no espazo natural LIC “BAIXA LIMIA”, un espazo dun grande interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico. Nos cumes das serras consérvanse varios endemismos e nos vales importantes áreas arboradas con especies autóctonas ou castiñeiros centenarios. Cabras no Laboreiro, no val do río Troncoso. Bangueses e Penagache.
  • 80. Aquí vén o maio de frores cuberto... puxéronse á porta cantándome os nenos; os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno!... Cando eu me atopare de donos liberto o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero. Queredes castañas dos meus castiñeiros?... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos: un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos. Curros Enríquez, Manuel Aires da miña terra (1880) Rematamos o traballo cun poema do poeta de Celanova Manuel Curros Enríquez (1851-1908)
  • 81. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2016San Miguel de Celanova