1. IES Nº1 A ESTRADA
INFORMACIÓN ACADÉMICA E
PROFESIONAL
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. Curso 2011-2012
c
CURSO 2011-12.
2. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ÍNDICE
Opcións académicas/profesionais ao rematar a ESO .................................................................... 7
O bacharelato.....................................................................................................................................................................8
Planos de estudos do bacharelato LOE ................................................................................................................ 10
Formación Profesional Específica ............................................................................................................................. 11
Familias profesionais e ciclos formativos de grao medio .................................................................................. 12
Solicitude de admisión ............................................................................................................................................... 15
Outros ciclos de grao medio que poderían implantarse en Galicia en vindeiros cursos. .......................... 16
Ensinanzas artísticas .................................................................................................................................................... 17
Ensinanzas de idiomas ................................................................................................................................................. 21
Ensinanzas deportivas................................................................................................................................................. 22
Programas de Cualificación Profesional Inicial ................................................................................................... 23
Perfís profesionais de PCPI publicados ................................................................................................................. 25
Educación Básica das persoas adultas ................................................................................................................. 27
Validación das materias da ESO cos módulos da Educación secundaria para adultos .......................... 28
Obtención do título de ESO mediante proba libre .............................................................................................. 29
Acceso a ciclos formativos de grao medio mediante proba ............................................................................ 31
Opcións académicas/profesionais ao rematar o bacharelato ............................................... 34
A Formación Profesional de Grao Superior .......................................................................................................... 35
Familias profesionais e ciclos formativos de grao superior .............................................................................. 36
Solicitude de admisión ..............................................................................................................................................40
Outros ciclos de grao superior que poderián implantarse en Galicia en vindeiros cursos. ....................... 41
Opcións preferentes de admisión a ciclos formativos de grao superior(LOE) ............................................ 43
Estudos universitarios .................................................................................................................................................. 51
Adscrición das materias de modalidade de 2º de bacharelato ás ramas dos estudos universitarios .. 54
Ponderación das materias da fase específica da PAAU para o acceso ao curso 2012 - 2013........................ 55
2
3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Proba de acceso á universidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior .................... 59
Ensinanzas artísticas .................................................................................................................................................... 61
Ensinanzas de idiomas ................................................................................................................................................ 65
Ensinanzas deportivas................................................................................................................................................. 66
Algunhas becas xerais de interese .......................................................................................................................... 67
Bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral para o alumnado que cursen estudos na súa
comunidade autónoma. ........................................................................................................................................... 67
Prazas en centros residenciais docentes………………………………………………………………………………………………..68
Bolsas para iniciar estudos universitarios.............................................................................................................. 68
3
4. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Esta guía pretende achegar ao noso alumnado información sobre as diferentes opcións
académicas e profesionais que se lles ofrece unha vez rematado o seu paso polo ensino de carácter
obrigatorio.
A orientación académica e profesional debe ser entendida como un proceso educativo de axuda e
asesoramento para a toma de decisións vocacionais, dirixido ao alumnado e as familias.
Dentro deste proceso, debemos ter en conta diferentes aspectos que contribúen a fomentar a
madurez vocacional:
Coñecemento dun mesmo ou autoconcepto: supón reflexionar sobre como un é: as súas
capacidades, intereses...
Coñecemento do contorno: reflexionar sobre as oportunidades académicas e profesionais.
Toma de decisións: procedemento para abordar un proxecto persoal de vida.
Na información das probas de acceso á universidade (PAAU), que se presenta neste
manual contamos coa documentación facilitada polo especialista de orientación
vocacional e profesional do Equipo de Orientación Específico da provincia de
Coruña (Domingo Álvarez Agudo). Dende aquí o noso agradecemento.
O resto da información aportada podese encontrar nos diferentes portais educativos
e na lexislación vixente. Pode existir algún cambio posterior a edición deste manual,
polo que é recomendable confirmar sempre as diferentes situacións. Para posibles
aclaracións non dúbidedes en acudir ao departamento de orientación do centro.
4
7. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
OPCIÓNS ACADÉMICAS/PROFESIONAIS AO REMATAR A
E.S.O.
CO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
Bacharelato.
Formación Profesional Específica (Grao Medio).
Ensinanzas de Réxime Especial: Artes Plásticas e Deseño (proba específica).
Oposicións:
- Garda Civil. Escala Básica (18 anos e probas selectivas).
- Policía nacional. Escala Básica (18 anos e probas selectivas).
- Forzas Armadas Profesionais.
- Oposicións ao Grupo C2
- Acceso ao Mundo laboral: Inscribirse no INEM, Empresas de Traballo
Temporal...
SEN TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
Programas de Cualificación Profesional Inicial (15* – 21 anos). * de xeito excepcional
Educación Secundaria para persoas adultas.
Obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria mediante proba libre.
Acceso a Ciclos Formativos de FP mediante proba:
- Ciclos de Grao Medio (proba con 17 anos).
- Ciclos de Grao Superior (proba con 19 anos/18 anos Técnicos).
Acceso ao mundo laboral: Inscribirse no INEM, Empresas de Traballo Temporal.
Formación ocupacional:
- Cursos gratuítos autorizados pola Xunta de Galicia e impartidos en centros
públicos, privados ou concellos. É necesario estar inscrito no INEM.
- Escolas Taller e Casa de Oficio.
7
8. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
O BACHARELATO
¿QUE É?
É unha etapa educativa da educación secundaria, non obrigatoria, de dous cursos de duración.
¿CÓMO SE ORGANIZA?
Está organizado en tres modalidades segundo a LOE :
Artes
MODALIDADES Ciencias e Tecnoloxía
Humanidades e Ciencias Sociais
O alumnado poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade (ou de vía na modalidade de Artes ) en
calquera dos dous cursos de bacharelato. A solicitude efectuarase durante os dous primeiros meses no primeiro
curso, e antes do comezo das actividades lectivas no segundo curso.
ASPECTOS A CONSIDERAR NO CAMBIO DE MODALIDADE NO 2º CURSO
O alumnado que promocione ao segundo curso poderá cambiar de modalidade (ou de vía no caso da modalidade
de Artes), respectando o seguinte:
Deberá cursar as materias propias da nova modalidade ata completar un total de seis materias de modalidade
tendo en conta que:
- As materias de modalidade xa superadas que sexan coincidentes coas da nova modalidade ou vía pasarán a
formar parte das materias requiridas na nova modalidade.
- Unha das materias de modalidade superadas e non coincidentes coas da nova modalidade poderá ser
considerada como de modalidade non propia da nova modalidade ou como a materia optativa de primeiro ou de
segundo curso.
Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de segundo curso non poida asistir ás clases
das materias de primeiro que deba cursar como consecuencia do cambio de modalidade, estas materias trataranse
de forma análoga ás pendentes e os departamentos didácticos que as imparten proporán ao alumnado un plan de
traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programarán probas
parciais para verificar a superación desas materias.
PROMOCIÓN
Ao finalizar o 1º curso, e como consecuencia do proceso de avaliación, o profesorado adoptará as decisións sobre a
súa promoción ao 2º curso tendo en conta que:
O alumnado conseguirá a promoción ao 2º curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación
negativa en dúas materias como máximo.
O alumnado que conseguise a promoción ao 2º curso con materias avaliadas negativamente deberá cursalas
ao longo do curso. Os centros organizarán as actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias
pendentes, tendo en conta que a avaliación destas materias terá que ser anterior á das materias de 2º curso.
8
9. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PERMANENCIA DUN ANO MÁIS NUN MESMO CURSO
1°.- O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato, no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro
anos, consecutivos ou non.
2°.- O alumnado que en 1º de bacharelato obteña avaliación negativa en máis de 2 materias deberá cursar de
novo o curso completo e será cualificado en todas as materias, agás no caso de que algunha das materias xa
superadas deixase de ser impartida no centro, de ser así o alumnado poderá manter a cualificación obtida sen
necesidade de matricularse nunha nova materia.
3°.- Sen prexuízo do anterior, o alumnado con 3 ou 4 materias avaliadas negativamente no 1º curso de
bacharelato manterá a cualificación obtida anteriormente na mesma materia cando a nova cualificación sexa inferior.
En calquera caso, este alumnado estará suxeito aos mesmos dereitos e obrigas que o alumando que se matricula
por primeira vez e a cualificación de materias xa superadas outorgarase na avaliación final ordinaria.
4°.- O alumnado que ao finalizar o 2ºcurso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá:
a) Matricularse soamente das materias con avaliación negativa.
b) Matricularse de todas as materias de 2º, logo de solicitude á dirección do centro, coa finalidade de mellorar
as súas cualificacións. A este alumnado consideraráselle, nas materias que xa teña superadas, a cualificación
obtida na nova convocatoria, sempre que esta cualificación sexa superior á anterior.
¿QUÉ TITULACIÓNS E SAÍDAS PROPORCIONA?
Ao rematar o Bacharelato obtense o título de Bacharel que permite acceso a:
Ciclo Formativo de Grao Superior. / Estudos Universitarios. / Estudos superiores de ensinanzas
artísticas (superando unha proba de acceso). / Oposicións do Grupo C1…
Título de Bacharel en Música ou en Danza: O alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou
danza e do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos
poderá realizar estudos de bacharelato cursando exclusivamente as materias comúns.
BACHARELATO RÉXIME DE ADULTOS
Como norma xeral, poden matricularse todas as persoas que cumpran 18 anos no ano en que se formaliza a
matrícula e posúan o título de graduado en educación secundaria ou equivalente. Tamén, poderán matricularse
nesas ensinanzas as persoas que cumpran algunha destas condicións:
- Que teñan máis de 16 anos e teñan un contrato laboral que lles impida asistir ás clases do réxime ordinario de
ensinanzas.
- Que teñan máis de 16 anos e sexan deportistas de alto rendemento.
A oferta educativa é en horario tarde-noite. Permite obter o título de bacharelato cursando as correspondentes
materias distribuídas en tres bloques, ao longo de tres cursos escolares. Estas ensinanzas poden cursarse por
bloque completo de materias ou por materias illadas. O tempo máximo de permanencia nelas é de 6 anos
académicos. De esgotar estes anos, poderase cursar as materias pendentes a través do réxime a distancia .
RÉXIME A DISTANCIA: Pódese cursar por dous camiños diferentes:
Bacharelato semipresencial: o alumnado ten que asistir obrigatoriamente ás titorías presenciais das
diferentes materias.
Bacharelato a distancia: con titorías telemáticas (aula virtual).
9
10. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PLANOS DE ESTUDOS DO BACHARELATO LOE
PLAN DE ESTUDOS DO 1º CURSO DE BACHARELATO LOE
ARTES
CIENCIAS E HUMANIDADES E
TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS Artes plásticas, Artes escénicas,
deseño e imaxe música e danza
Ciencias para o Mundo Contemporáneo Educación física
Materias Filosofía e cidadanía Lingua castelá e literatura I
comúns Lingua galega e literatura I Lingua estranxeira I
Relixión
1º curso
Cult. Audiov
Hª do mundo contemp. (obrg)
Matemáticas I (obrigatoria)
(obrig) Cult. Audiov (obrg) Anál. Musical I
Materias de Bioloxía e xeoloxía
Economía Deb. Artístico I Anatom. Aplic.
modalidade Debuxo técnico I
Grego I Deb. Técnico I Linguaxe e
(3 materias) Física e Química
Latín I Volume práctica mus
Tecnoloxía industrial I
Matem. Aplicad. ás CCSS I
Antropoloxía
Materias
Segunda lingua estranxeira
optativas
Literaturas hispánicas
(escoller
Música
unha)
Tecnoloxías de información e comunicación
NOTA: Nas materias propias de modalidade existe unha, marcada ao principio, que é obrigatoria cursala. As materias optativas sinaladas en
cursiva son de oferta obrigatoria en todos os centros. As materias con numeración (I) son de aprendizaxes progresivas e requirirán a superación
das do primeiro curso para seres avaliadas as do segundo curso.
PLAN DE ESTUDOS DO 2º CURSO DE BACHARELATO LOE
ARTES
HUMANIDADES E
CIENCIAS E TECNOLOXÍA Artes plásticas, Artes
CIENCIAS SOCIAIS
deseño e imaxe escénicas,
música e danza
Historia de España Historia da filosofía
Materias
Lingua castelá e literatura II Lingua galega e literatura II
comúns
Lingua estranxeira II Relixión
2º curso
Hª da música
Matemáticas II (obrigatoria) Xeografía (obrigatoria)
e danza (obrg)
Bioloxía Economía da empresa Téc. Expresión gráf-
Artes escénic.
Ciencias da terra e ambient. Grego II plást. (obr)
Materias de Lit. universal
Debuxo técnico II Latín II Historia da arte
modalidade Anál. Musical
Electrotecnia Matem. Aplicad. ás CCSS Deseño
(3 materias) II
Física II Deb. artístico II
Química Literatura universal Deb. técnico II
Tecnoloxía industrial II Historia da arte
Materias Ética e filosofía do dereito Filosofía da ciencia e tecnoloxía
optativas Métodos estatísticos e numéricos Segunda lingua estranxeira
(escoller Xeografía e historia de Galicia Literatura galega do S.XX e da actualidade
unha) Xeoloxía
NOTA: Nas materias propias de modalidade existe unha, marcada ao principio, que é obrigatoria cursala. As materias optativas sinaladas en
cursiva son de oferta obrigatoria en todos os centros. As materias con numeración (II) son de aprendizaxes progresivas e requirirán a
superación das do primeiro curso para seres avaliadas.
10
11. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA
QUÉ É
É unha etapa da educación secundaria non obrigatoria, que ten como finalidade a preparación do alumnado para a
actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento das diferentes profesións.
CÓMO SE ORGANIZA
Organízase en 26 familias profesionais que comprenden un conxunto de Ciclos Formativos de Grao Medio (CM) e
Grao Superior (CS) de formación teórico-práctica. A duración destes ciclos é de 2000 horas de formación segundo a
LOE (equivalen a 2 cursos), que se reparten entre o centro educativo e o centro de traballo. No presente curso
podedes atopar ciclos cunha duración diferente xa que se está a extinguir o antigo plan de estudos.
QUÉ MATERIAS HAI QUE CURSAR
As materias da Formación Profesional denomínanse módulos profesionais e teñen unha duración variable. Pódense
agrupar en:
Módulos nos que se traballan competencias relacionadas co ciclo a cursar.
Módulos de formación e Orientación Laboral que facilita a inserción no mundo laboral con contidos
relacionados coa lexislación laboral, as técnicas de busca de emprego ou a prevención de riscos laborais.
Módulo de formación en centros de traballo (FCT) que se realiza unha vez cursados e aprobados os
módulos anteriores. Permite o contacto directo co mundo das empresas e o mercado laboral.
Cada módulo profesional poderá ser obxecto de avaliación nun máximo de catro convocatorias, con independencia
do centro e do réxime, ou da modalidade en que se curse.
QUÉ TITULACIÓNS E SAÍDAS PROPORCIONA
Os ciclos formativos de Grao Medio: Título de Técnico. Da acceso a:
Bacharelato. / Outro ciclo de grao medio. / Mundo Laboral. / Ciclo formativo de Grao Superior
dunha familia profesional afín por proba de acceso.
Os ciclos formativos de Grao Superior: Título de Técnico Superior. Da acceso a:
Outro ciclo de grao de superior. / Estudos universitarios. / Mundo laboral.
RÉXIME DE ADULTOS
Aquelas persoas con 18 anos (ou maiores de 16 que acrediten a súa condición de traballadores) e cumpran os
requisitos académicos de acceso poden optar polo réxime de adultos. Neste réxime os ciclos pódense cursar
completos ou por módulos. A LOE establece que na implantación dos novos currículos de formación profesional
poderase acceder a este réxime sen reunir os requisitos académicos, aínda que para o obtención do título
correspondente precisarase cumprilos.
11
12. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
CM Condución de actividades físico-deportivas no medio natural.
*CM Xestión administrativa.
CM Traballos forestais e conservación do medio natural.
*CM Xardinaría e floraría.
*CM Produción agropecuaria.
*CM Produción agroecolóxica.
--------
CM Impresión en artes gráficas.
CM Preimpresión en artes gráficas.
CM Comercio.
CM Acabados de construción.
CM Equipos electrónicos de consumo.
*CM Instalacións eléctricas e automáticas.
*CM Instalacións de telecomunicacións.
12
13. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
--------
*CM Mecanizado.
*CM Soldadura e caldeiraría.
*CM Cociña e gastronomía.
*CM Servizos en restauración.
CM Laboratorio de imaxe.
*CM Estética e beleza. (Curso 2012-13. Substitúe a CM Estética persoal decorativa).
*CM Perrucaría e cosmética capilar (Curso 2012-13. Substitúe a CM Perrucaría).
*CM Panadaría, repostaría e confeitaría.
*CM Aceites de oliva e viños.
*CM Elaboración de produtos alimentarios.
--------
*CM Sistemas microinformáticos e redes.
*CM instalacións frigoríficas e de climatización
*CM Instalacións de produción de calor
CM Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas.
13
14. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
*CM Carpintaría e moble.
*CM Instalacións e amoblamento. (Curso 2012-13, substitúe a CM Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble).
CM Mergullo a media profundidade.
*CM Cultivos acuícolas. (Curso 2012-13, substitúe a CM Operacións de cultivo acuícola).
CM Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque.
CM Pesca e transporte marítimo.
CM Laboratorio
*CM Planta química
CM Coidados auxiliares de enfermería.
*CM Emerxencias sanitarias.
*CM Farmacia e parafarmacia.
---------
* CM Atención a persoas en situación de dependencia (Curso 2012-13, substitúe CM Atención sociosanitaria).
*CM Confección e moda.
*CM Electromecánica de vehículos automóbiles.
*CM Carrozaría.
*CM Electromecánica de maquinaria (Novo. Curso 2012-13)
---------
*Os ciclos sinalados en cursiva son títulos LOE tendo todos unha duración de 2000 horas, ver máis
características na páxina 35 deste manual. Os que aparecen co curso 2012-13 é previsible (nunca seguro)
que chegen a impartirse o vindeiro ano).
14
15. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
SOLICITUDE DE ADMISIÓN: (Máis información www.edu.xunta.es/fp)
Débese marcar só unha forma de acceso. Quen cumpra simultaneamente os requisitos de acceso
directo ao ciclo formativo de grao medio e os de acceso mediante proba non poderá presentar a
solicitude de acceso mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión.
Presentar unha única solicitude no centro elixido como primeira opción. Prazo ordinario: Do 17 de
xuño ao 2 de xullo. Neste prazo unicamente presentará solicitudes de admisión a grao medio o
alumnado que cumpra os requisitos de acceso ao ciclo (acceso directo por ter a titulación requirida ou
mediante proba).
En grao medio, o baremo para a adxudicación de prazas é o expediente académico exclusivamente,
con independencia da titulación alegada para o acceso.
Prazo extraordinario: do 1 ao 14 de setembro. Presentar o alumnado que reúna as condicións en
setembro.
Adxudicación de praza: Unha vez se lle adxudica unha praza a persoa solicitante ten dúas
posibilidades:
Matricularse: no centro adxudicado e nos prazos establecidos.
Renunciar á praza: no centro adxudicado e nos prazos establecidos. A renuncia afectará á praza
que lle foi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a esa. Seguirase
no proceso de adxudicación para as preferencias anteriores.
De non matricularse nin renunciar á praza adxudicada no
prazo establecido, quedarase excluído do proceso de
admisión.
15
16. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Posibles
novas
OUTROS CICLOS DE GRAO MEDIO LOE QUE SON BORRADORES OU REAIS DECRETOS NO MINISTERIO DE
EDUCACIÓN E QUE PODERÍAN IMPLANTARSE EN GALICIA EN VINDEIROS CURSOS .
* CM Guia no medio natural e de tempo libre / * CM Actividades ecuestres (novo en Galicia.).
* CM en aproveitamento e conservación do medio natural (Substitúe a traballos forestais e conservación do medio natural)
* CM Actividades ecuestres (novo en Galicia.).
* CM en impresión gráfica (Substitúe a Impresión en artes gráficas) / * CM preimpresión dixital (Substitúe a Preimpresión en artes
gráficas) / * CM postimpresión e acabados gráficos
* CM Actividades comerciais (Substitúe a CM Comercio)
* CM Contrución (Substitúe a CM Acabados de construction). / * CM Obras de interior, decoración e rehabilitación ( novo).
*CM en conformado por moldeo de metais e polímeros (novo en Galicia).
* CM Video, Disc-jockey e Son (novo en Galicia).
*CM en escavacións e sondeos. (novo en Galicia). / *CM en pedra natural. (novo en Galicia).
*CM en Mantemento electromecánico (Substitúe a Instalación e mantem. electromecánico de maquinaria e condución de liñas).
*CM Navegación e pesca de litoral (Substitúe Mergullo a media profundidade). / *CM en Operacións subacuáticas e
hiperbáricas.(Substitúe Mergullo a media profundidade). / *CM Mantemento e control da maquinaria de buques e
embarcacións (Substitúe a Operación, control e mantemento …)
*CM Operacións de laboratorio (Substitúe Laboratorio)
*CM Emerxencias e protección civil (novo en Galicia)
*CM Fabricación e ennoblecemento de produtos textiles(novo en Galicia) / *CM Calzado e complementos de moda
*CM en mantemento de material rodante ferroviario(novo) / *CM Condución de vehículos de transporte por estrada
(novo)
16
17. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ENSINANZAS ARTÍSTICAS
Poden ser de carácter regrado ou non regrado. As primeiras conducen a unha titulación
oficial, común para todo o estado, e pódense cursar exclusivamente en conservatorios e centros
autorizados de música (estes de titularidade privada). Divídense en tres graos:
- Elemental: Consta de catro cursos. O título é Certificado de estudos elementais. A idade mínima para
iniciar estudos é de 8 anos e a máxima de 14 anos.
- Profesional: Abrangue seis cursos. O título é de Grao Profesional na especialidade cursada.Non hai
límite de idade no acceso.
- Superior: Consta dun só ciclo de catro anos para cada especialidade. O título é Superior equivalente
a unha licenciatura universitaria.
O acceso de admisión é mediante proba e no superior ademais deberase dispor do título de bacharelato
ou ter os estudos correspondentes ao 3º ciclo de grao medio. Será posible acceder sen estes requisitos se
o aspirante demostra, nunha proba, posuír os coñecementos precisos.
OFERTA EDUCATIVA DOS CONSERVATORIOS PROFESIONAIS DE MÚSICA
CENTRO ESPECIALIDADES
Canto Percusión Viola
Clarinete Piano Violín
Contrabaixo Saxofón Violoncello
CONSERVATORIO
PROFESIONAL DE MÚSICA
Fagot Trombón Clave
DA CORUÑA Frauta Trompa
traveseira Trompeta
Guitarra Tuba
Oboe
Canto Percusión Viola
Clarinete Piano Violín
Contrabaixo Saxofón Violoncello
CONSERVATORIO
PROFESIONAL DE MÚSICA
Fagot Trombón
DE LUGO Frauta Trompa
traveseira Trompeta
Guitarra Tuba
Oboe
Canto Percusión Viola
Clarinete Piano Violín
Contrabaixo Saxofón Violoncello
CONSERVATORIO
PROFESIONAL DE MÚSICA
Fagot Trombón Acordeón
DE OURENSE Frauta Trompa Clave
traveseira Trompeta Gaita
Guitarra Tuba Órgano
Oboe
CONSERVATORIO Acordeón Oboe Trompeta
17
18. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CENTRO ESPECIALIDADES
PROFESIONAL DE MÚSICA Clarinete Percusión Tuba
DE PONTEVEDRA Contrabaixo Piano Viola
Fagot Saxofón Violín
Frauta Trombón Violoncello
Traveseira Trompa
Guitarra
Acordeón Oboe Tuba
Arpa Percusión Viola
Clarinete Piano Violín
CONSERVATORIO
PROFESIONAL DE MÚSICA
Contrabaixo Saxofón Violoncello
DE FERROL Fagot Trombón
Frauta Trompa
Traveseira Trompeta
Guitarra
Canto Percusión Viola
Clarinete Piano Violín
Contrabaixo Saxofón Violoncello
CONSERVATORIO
PROFESIONAL DE MÚSICA
Fagot Trombón
DE SANTIAGO Frauta Trompa
Traveseira Trompeta
Guitarra Tuba
Oboe
Canto Oboe Tuba
Clarinete Percusión Viola
Contrabaixo Piano Violín
CONSERVATORIO
Fagot Saxofón Violoncello
PROFESIONAL DE MÚSICA
DE VIGO Frauta Trombón
Traveseira Trompa
Gaita Trompeta
Guitarra
18
19. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Poden ser de carácter regrado ou non regrado. As primeiras conducen a unha titulación
oficial, común para todo o estado, e pódense cursar exclusivamente en conservatorios e centros
autorizados de danza (estes de titularidade privada). Divídense en tres graos:
- Elemental: Non existen especialidades, ofrecese unha formación básica. A duración dos estudos é
de catro anos. O título é Certificado de estudos elementais.
- Grao medio: Existen catro especialidades: Danza clásica, Danza española e Danza
contemporánea. A duración dos estudos é 6 anos. O título é de Grao Profesional na especialidade
cursada.
- Superior: Existen dúas especialidades: Pedagoxía da danza e Coreografía. A duración é de catro
anos. O título é Superior equivalente a unha licenciatura universitaria.
O acceso de admisión é mediante proba e no superior ademais deberase dispor do título de bacharelato
ou ter os estudos correspondentes ao 3º ciclo de grao medio. Será posible acceder sen estes requisitos se
o aspirante demostra, nunha proba, posuír os coñecementos precisos.
OFERTA EDUCATIVA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA
CENTRO ESPECIALIDAD
CONSERVATORIO Danza clásica
PROFESIONAL DE DANZA DE
LUGO
As ensinanzas de artes plásticas e deseño organízanse en:
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
Estudos superiores de artes plásticas e deseño.
Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais.
As ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño estrutúranse en ciclos de formación profesional.
Os requisitos de acceso para o Grao medio é co título da ESO ou co título de técnico de artes plásticas da
mesma familia profesional. Tamén se pode acceder cumpridos os 18 anos, tras superar unha proba de
madureza.
19
20. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO PABLO PICASSO - A CORUÑA
FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS
Artes aplicadas á escultura Ciclo medio dourado e policromía artísticos
Oferta modular: Taller cerámico I
Cerámica artística
Oferta modular: Taller cerámico II
OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO MESTRE MATEO - SANTIAGO
DE COMPOSTELA
FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS
Xoiería artística Oferta modular: Taller de xoiaría
OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN - LUGO
FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS
Artes aplicadas ao libro Ciclo medio serigrafía artística
Oferta modular: Taller de talla artística en
Artes aplicadas á escultura madeira
Oferta modular: Taller de ebanistería
OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO ANTONIO FAÍLDE -
OURENSE
FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS
Artes aplicadas á escultura Ciclo medio ebanistería artística
20
21. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ENSINANZAS DE IDIOMAS
Na actualidade as ensinanzas de idiomas pódense cursar nas modalidades presencial e
a distancia (programa “That´s English”). As persoas non escolarizadas nas escolas oficiais de idiomas
poderán obter os certificados de niveis básico, intermedio e avanzado mediante a superación de probas
específicas polo réxime libre.
Ensinanzas Requisitos Acceso
Presencial Ter 16 anos cumpridos no ano Promoción de curso.
en que comecen os estudos.
Por acceso directo por titulación.
Ter máis de 14 anos para seguir
as ensinanzas dun idioma Pola realización de probas de
distinto do cursado na ESO como clasificación.
primeira lingua estranxeira. Os certificados do nivel básico e
intermedio darán acceso ás
ensinanzas do nivel intermedio e
avanzado respectivamente.
O título de bacharelato habilitará para
acceder directamente aos estudos de
idiomas de nivel intermedio da
primeira lingua estranxeira cursada
no bacharelato.
A distancia “That’s Ter cumpridos 16 anos ou 14 se
English” non se cursa inglés como
primeira lingua na educación
secundaria.
ENSINANZAS REGULADAS POLO RD 1629/2006, DO 29 DE DECEMBRO
Nivel Básico 1
Nivel Básico 2
Certificado de Nivel Básico (A2)
Nivel Intermedio 1
Nivel intermedio 2
Certificado de Nivel Intermedio (B1)
Nivel Avanzado 1
Nivel Avanzado 2
Certificado de Nivel Avanzado(B2)
21
22. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ENSINANZAS DE DEPORTIVAS
Están dirixidas á obtención dos títulos oficiais de técnico deportivo e de técnico deportivo
superior. As ensinanzas deportivas organízanse en graos:
As ensinanzas deportivas de grao medio organizaranse en dous ciclos:
ciclo inicial de grao medio
ciclo final de grao medio.
Para acceder ao grao medio será necesario ter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria
ou equivalente para os efectos académicos e superar unha proba de carácter específico.
No caso de determinadas modalidades ou especialidades, será ademais requisito necesario a superación
dunha proba realizada pólas Administración educativas, ou acreditar un mérito deportivo nos que se
demostre ter as condicións necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.
CENTROS PÚBLICOS QUE IMPARTEN ENSINANZAS DEPORTIVAS
CENTROS ESPECIALIDADE
IES Universidade Laboral (Culleredo) Fútbol
Fútbol e Balonmán
IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
CIFP A Farixa (Ourense) Fútbol Sala
Atletismo
IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes (Lugo)
Fútbol
IES Río Cabe (Monforte de Lemos)
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía) Baloncesto
CENTROS PRIVADOS AUTORIZADOS QUE IMPARTEN ENSINANZAS DEPORTIVAS
CENTROS ESPECIALIDADE
CADF (Real Club deportivo da Coruña) Fútbol
CADF (Federación Galega de Fútbol da Fútbol
Coruña)
Fútbol Sala
Federación Galega de Fútbol sala (Coruña)
Fútbol Sala
CPR Santa Apolonia (Santiago de Comp.)
CPR Liceo La paz (A Coruña) Fútbol Sala
22
23. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL
QUÉ SON
Constitúen unha modalidade de ensino que ten a finalidade de recuperar ao alumnado que non acadou os
obxectivos do ensino obrigatorio, axudándolle a superar as súas deficiencias formativas e a conseguir unha
cualificación profesional de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP).
A QUEN VAN DIRIXIDOS
Poderá cursar programas de cualificación profesional inicial, con carácter xeral, o alumnado que teña entre 15
e 21 anos cumpridos dentro do ano do inicio do programa para o cal se considere que é a mellor opción para
alcanzar os obxectivos da etapa de educación secundaria obrigatoria, e que non cursase con anterioridade
outro programa de cualificación profesional inicial.
ESTRUTURA
Os programas de cualificación profesional inicial terán unha duración de dous cursos académicos e
ofreceranse en réximes e modalidades diferentes, co fin de satisfacer as necesidades persoais, sociais e
educativas do alumnado
Existen dous tipos de módulos:
Módulos obrigatorios: divídense en:
Módulos específicos profesionais: desenvolven as competencias do perfil profesional.
Módulos formativos de carácter xeral: orientados ao desenvolvemento das competencias
básicas que posibiliten cursar con éxito un ciclo formativo de grao medio. No segundo ano
dentro destes módulos impartirase o módulo de formación complementaria de acceso a
ciclos.
Módulos voluntarios conducentes ao título de graduado en ESO. O currículo destes módulos será
o establecido para o nivel II da educación secundaria para persoas adultas.
RÉXIMES E MODALIDADES
Os programas de cualificación profesional inicial poderán cursarse no réxime ordinario ou no réxime
integrado a través de distintas modalidades.
Réxime ordinario:
Modalidade A: todos os módulos obrigatorios se imparten nun mesmo centro educativo, agás o de
formación en centros de traballo.
23
24. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Modalidade B: os módulos específicos impártense nun centro educativo, agás o de formación o de
formación en centros de traballo, e os módulos formativos de carácter xeral impártense noutro.
Modalidade C: poderán participar as corporacións locais, as asociacións profesionais, as asociacións
non gobernamentais e outras entidades empresariais e sindicais, baixo a coordinación e logo da
autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dentro desta modalidade
distinguimos:
Programas mixtos: os módulos formativos de carácter xeral impártense en centros educativos,
e os módulos específicos fóra deles.
Programas externos: todos os módulos obrigatorios se imparten fóra dos centros educativos.
Réxime integrado: No réxime integrado, os módulos profesionais impártense distribuídos nos dous cursos do
programa e introdúcense, como propios deste réxime, dous módulos profesionais doutros perfís profesionais
distintos ao do programa
Modalidade integrada A: todos os módulos do programa se imparten nun mesmo centro educativo,
agás o de formación en centros de traballo.
Modalidade integrada B: os módulos profesionais impártense nun centro educativo, agás o de
formación o de formación en centros de traballo, e os módulos formativos de carácter xeral e os
módulos voluntaries impártense noutro. Os módulos profesionais de réxime integrado poden impartirse
en calquera dos dous centros.
QUÉ TITULACIÓN E SAÍDAS PROPORCIONA
Ao remate do primeiro ano, logo de superar os diferentes módulos, obtense un Certificado Profesional de
nivel 1.
No primeiro cuadrimestre do segundo ano, logo de superar os módulos obrigatorios, accedese
directamente a un ciclo formativo de grao medio (sen necesidade de proba de acceso).
Ao remate do segundo ano, logo de superar os diferentes módulos obtense o Título de Graduado en
Educación Secundaria,
24
25. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PERFÍS PROFESIONAIS DE PCPI PUBLICADOS
PCPI de asistencia en actividades e en instalacións deportivas
PCPI de servizos administrativos
PCPI de arranxos florais
PCPI de producións agrícolas
PCPI de xardinaría e viveirismo
PCPI de moldes e pezas cerámicas artesanais
PCPI de reprografía
PCPI de operacións en industrias gráficas de Galicia.
PCPI de comercio
PCPI de albanelaría
PCPI de revestimento de obra
PCPI de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións
PCPI de montaxe de redes eléctricas
---------
PCPI de fabricación mecánica
PCPI de aloxamento
PCPI de cociña
PCPI de pastelaría
PCPI de servizos de restauración
---------
25
26. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PCPI de estética
PCPI de peiteado
----------
PCPI de pedra natural
PCPI de informática
PCPI de fontanaría, climatización e calefacción doméstica
PCPI de carpintaría
PCPI de pesca e transporte marítimo
---------
---------
---------
PCPI de emprego doméstico
PCPI de limpeza de edificios, locais e moblaxe
PCPI de costura
PCPI de tapizaría
PCPI de reparación de calzado e marroquinaría
PCPI de cortinaxe e complementos de decoración
PCPI de lavandaría en Galicia.
PCPI de mantemento de vehículos
PCPI de mantemento estrutural e superficial de embarcacións
PCPI de cerámica
26
27. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
EDUCACIÓN BÁSICA DAS PERSOAS ADULTAS
Aqueles alumnos que non obteñan o Titulo de Graduado en Educación Secundaria no seu centro educativo
poden intentar conseguilo nun centro de educación de adultos. Existen dúas opcións:
Modalidade Presencial
Estas ensinanzas están destinadas a alumnado de 18 anos, sen ningunha titulación ou
alumnos maiores de 16 que acrediten a súa condición de traballadores.
Poderán realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos. Pero poderá
permanecerse o tempo que se precise para a adquisición dos coñecementos establecidos.
A Educación Secundaria para persoas adultas (etapa das ensinanzas de graduado en
educación secundaria: niveis I e II) son ensinanzas equivalentes ás ensinanzas obrigatorias de
Educación Secundaria. Organízanse en tres campos de coñecemento, que se estruturan á súa
vez en módulos, de duración cuadrimestral. A matrícula, para os módulos 1 e 3, é na primeira
quincena do mes de setembro e, para os módulos 2 e 4, na segunda quincena do mes de
xaneiro.
Ao remate do nivel II, expedirase o título de graduado en educación secundaria a todas
aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos. Cando non se rematen os
estudos correspondentes á educación secundaria obrigatoria, os directores dos centros
emitirán unha acreditación onde consten os niveis e módulos cursados así como a
cualificación obtida.
Estas ensinanzas poderán seguirse en todos os centros específicos de educación de
adultos e nos institutos de educación secundaria autorizados.
Modalidade a Distancia
As ensinanzas a distancia poderán impartirse con apoio de titorías presenciais, denominándose
entón educación secundaria para persoas adultas a distancia semipresencial; ou con apoio de
titorías telemáticas, designándose neste caso como educación secundaria para persoas
adultas a distancia de forma telemática.
Con carácter excepcional, a dirección do centro poderá autorizar a matrícula simultánea nas modalidades
presencial e a distancia, en ámbitos diferentes e no mesmo centro, cando a algún alumno non lle sexa posible
asistir a todas as xornadas lectivas dos ámbitos correspondentes por razóns da organización do horario do
centro ou por razóns persoais xustificadas.
27
28. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CADRO EQUIVALENCIAS VALIDACIÓN DAS MATERIAS DA ESO COS MÓDULOS DA
EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
1º ESO Módulo 1
Alumnado que superou: Matemáticas e Científico-tecnolóxico
Ciencias da natureza
Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación
Ámbito
literatura, lingua castelá e literatura e primeira
ou segunda lingua estranxeira
Materias
Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade
xeografía e historia
2º ESO Módulo 2
Alumnado que superou: Matemáticas e Científico-tecnolóxico
Ciencias da natureza, Tecnoloxías
Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación
Ámbito
literatura, lingua castelá e literatura e primeira
ou segunda lingua estranxeira
Materias
Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade
xeografía e historia e Educación para a
cidadanía e os dereitos humanos
3º ESO Módulo 3
Alumnado que superou: Matemáticas, Bioloxía Científico-tecnolóxico
e xeoloxía, Física e química e Tecnoloxías
Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación
Ámbito
literatura, lingua castelá e literatura e primeira
ou segunda lingua estranxeira
Materias
Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade
xeografía e historia
4º ESO Módulo 4
Alumnado que superou: Matemáticas, Bioloxía Científico-tecnolóxico
e xeoloxía, Física e química e Tecnoloxías
Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación
Ámbito
literatura, lingua castelá e literatura e primeira
ou segunda lingua estranxeira
Materias
Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade
xeografía e historia
28
29. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN
SECUNDARIA MEDIANTE PROBA LIBRE.
A QUEN VAN DIRIXIDAS
Pódense presentar a estas probas todas as persoas que teñan cumpridos 18 anos o día anterior á data na que
se celebren as probas. Así, por exemplo, se os exames se celebran o 17 de xuño, pódense presentar todas
aquelas persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o 16 de xuño.
Non existen excepcións a esta regra, nin por motivos laborais nin por motivos de calquera outra índole.
As persoas que, con esa idade, estean matriculadas na educación secundaria obrigatoria (ESO) ou na educación
secundaria para persoas adultas, deberán renunciar ao dereito de seren avaliadas por esa matrícula oficial se
desexan presentarse ás probas.
COMO SON AS PROBAS
As probas están estruturadas en tres ámbitos:
Ámbito da comunicación: inclúe probas específicas correspondentes á Lingua castelá e literatura,
Lingua galega e literatura e Lingua estranxeira.
Nos exames de lingua castelá e galega, o aspirante deberá demostrar a súa madurez para
comprender, analizar e sintetizar textos escritos, e a súa capacidade para expresarse libremente.
Por esta razón, o tribunal propoñeralle un tema de redacción en ambas linguas para que o
desenvolva persoalmente.
Ámbito científico-tecnolóxico: inclúe probas específicas de Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da
natureza (contidos de Xeoloxía, Bioloxía, e Física e química).
Ámbito social: inclúe contidos correspondentes fundamentalmente a Xeografía e historia, con
algunha cuestión concreta de Música e de Educación plástica e visual.
COMO SE CUALIFICAN
A persoa aspirante recibirá unha única cualificación para cada ámbito. Isto quere dicir que, por exemplo, no
ámbito lingüístico, non recibirá unha cualificación para lingua castelá, outra para lingua galega e unha terceira
para lingua estranxeira, senón unha cualificación global para todo o ámbito.
CANDO SE CONVOCAN E CELEBRAN
As probas celébranse nos meses de xuño e setembro, normalmente na primeira quincena deses meses. As
datas exactas de celebración, as datas de matriculación, os lugares onde se celebran os exames, etc. aparecen
detallados na resolución pola que se convocan, normalmente no mes de maio.
29
30. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ESTUDOS ANTERIORES VALIDABLES PARA ESTAS PROBAS
Como norma xeral, son validables aqueles estudos que equivalen a algún ámbito completo das probas. Isto
significa que non poden darse por superadas materias illadas se non se corresponden coas que integran un
ámbito. Son validables os estudos realizados na ESO, na educación secundaria para persoas adultas e nos
módulos voluntarios dos PCPI (programas de cualificación profesional inicial).
Para as persoas que proceden dos estudos da educación secundaria obrigatoria (ESO), o cadro de
equivalencias é este:
Equivalencia cos ámbitos da proba
Cualificación positiva nestas áreas de
4º ESO
Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, Ámbito da comunicación
primeira ou segunda lingua estranxeira
Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da natureza (ou Ámbito científico-tecnolóxico.
Física e Química, máis Bioloxía e Xeoloxía)
Ciencias sociais, xeografía e historia Ámbito social
Para as persoas que realizaron estudos de educación secundaria para persoas adultas o cadro de equivalencias
é este:
Cualificación positiva nestes ámbitos Equivalencia cos ámbitos da proba
da educación secundaria para persoas
adultas
Cuarto módulo do ámbito de comunicación Ámbito da comunicación
Cuarto módulo do ámbito tecnolóxico-matemático e Ámbito científico-tecnolóxico.
cuarto módulo do ámbito da natureza (LOXSE)
Cuarto módulo do ámbito científico-tecnolóxico (LOE)
Cuarto módulo do ámbito de sociedade Ámbito social
As persoas que teñen aprobadas algunhas áreas das probas para a obtención do título de graduado en
secundaria celebradas antes manteñen as cualificacións positivas obtidas nesas probas.
30
31. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN
PROFESIONAL DE GRAO MEDIO MEDIANTE PROBA
¿A QUEN VAN DIRIXIDAS?
Pódense presentar a estas probas todas as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para
acceder a ciclos formativos de grao medio, e teñan cumpridos 17 anos ou os cumpran no ano natural de
celebración da proba.
ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA
Grao medio
Parte sociolingüística
Organízase en tres probas:
Lingua castelá.
Lingua galega.
Ciencias sociais
Parte matemática Organízase nunha única proba:
Matemáticas
Parte científico-técnica
Organízase en dúas probas:
Ciencias da natureza
Tecnoloxía
EXENCIÓNS
A solicitude de exencións parciais da proba deberase formular no momento da inscrición.
As persoas que teñan algunha das circunstancias para ter a exención total da proba poderán participar
directamente no proceso de admisión a ciclos formativos sen necesidade de inscribirse nas probas de acceso.
31
32. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Grao medio
Exención da totalidade da proba de acceso, acreditando unha das seguintes circunstancias:
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional
inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas,
ou de artes plásticas e deseño.
Participarase no proceso de admisión a ciclos de grao medio, presentando directamente o certificado
acreditativo na secretaria do centro correspondente.
Exención da parte sociolingüística da proba, acreditando:
- Ter superado os ámbitos social e de comunicación do 2º curso dun programa de cualificación
profesional inicial ou do nivel II de educación secundaria para persoas adultas .
Exención da parte matemática e da parte científico-técnica da proba, acreditando:
- Ter superado o ámbito científico-tecnolóxico do 2º curso dun programa de cualificación
profesional inicial ou do nivel II de educación secundaria para persoas adultas
Exención da parte científico-técnica da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias:
Ter superado os módulos obrigatorios do 1º curso dun programa de cualificación profesional inicial.
Dispor dun certificado de profesionalidade de calquera nivel.
Ter, como mínimo un ano de experiencia laboral en xornada completa, con independencia do
campo profesional en que se traballara. Este requisito deberase cumprir con anterioridade ao
remate do período de inscrición das probas.
Novas
As persoas que nas convocatorias de 2010, 2011 e 2012 superaran a parte sociolingüística, a
parte matemática ou a parte científico-técnica, en Galicia, e estean en condicións, logo de rematado o
proceso, de acreditar nas partes non superadas algunha das causas previstas de exención (mencionadas
anteriormente), poden solicitar a certificación de superación da proba, en calquera instituto de educación
secundaria onde se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de
formación profesional, desde o día 21 de xuño ao día 28 de setembro de 2012.
32
34. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
OPCIÓNS ACADÉMICAS/PROFESIONAIS AO REMATAR O
BACHARELATO.
CO TÍTULO DE BACHAREL
Formación Profesional Específica (Grao Superior).
Estudos universitarios.
Ensinanzas de Réxime Especial.
Oposicións:
- Á función pública: Grupo C1
- Polícia local (18 anos e probas específicas)
- Carreira militar.
Outras.
SEN O TÍTULO DE BACHAREL
Formación Profesional Específica (Medio).
Educación de adultos.
Proba para a obtención do título de bacharelato (*novidade)
Incorporación ao mundo laboral.
Acceso aos ciclos formativos de Grao superior mediante proba (19
anos)
Oposicións:
- Garda civil. Escala básica (18 anos, titulo ESO e probas
selectivas).
- Policía nacional. Escala básica (18 anos, titulo ESO e probas
selectivas).
- Oposicións ao grupo C2
34
35. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
A FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR
O proceso de adaptación e cambio como consecuencia da implantación dunha nova lei educativa, a lei orgánica
de educación (LOE, Lei 2/2006), leva consigo, entre outras cousas, a modificación nos currículos dos títulos de
Formación Profesional e a creación de novos títulos asociados as novas familias.
Que novidades hei atopar cos novos títulos?
Ampliación na duración de todos os títulos a 2000 horas para lograr unha maior especialización.
Aparición de catro novas familias e de novos ciclos:
o Enerxía e auga
o Industrias extractivas
o Seguridade e medio ambiente
o Artes e artesanías
Equiparación da titulación coas do resto dos países da comunidade europea.
Dotación nos ciclos formativos do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico e do
carné profesional, cando o requira a profesión.
Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de
grao superior. Tendo en conta, que a universidade marcará criterios de prioridade.
Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios
(segundo o caso validaranse de 60 a 120 ECTS)
Para o vindeiro curso tense previsto implantar novos currículos de grao superior.
35
36. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
CS Animación de actividades físicas e deportivas
CS Administración e finanzas.
CS Secretariado.
CS Xestión e organización de empresas agropecuarias.
*CS Xestión forestal e do medio natural (Curso 2012-2013. Substitúe a Xestión e organiz. dos recursos naturais e paisaxísticos.)
*CS Paisaxismo e medio rural (Curso 2012-13. Novo en Galicia)
----
CS Deseño e produción editorial.
CS Produción en industrias de artes gráficas.
CS Comercio internacional.
CS Xestión comercial e márketing.
CS Xestión do transporte.
* CS Proxectos de edificación.
* CS Proxectos de obra civil. (Curso 2012-2013. Substitúe a Desenv. de proxectos urbanísticos e operacións topográficas).
CS Realización e plans de obra.
36
37. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
*CS Sistemas electrotécnicos e automatizados.
CS Desenvolvemento de produtos electrónicos.
CS Sistemas de regulación e control automáticos.
CS Sistemas de telecomunicación e informáticos.
*CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica.
*CS Centrais eléctricas (Curso 2012-2013. Novo en Galicia).
*CS Enerxías renovables (Curso 20112-2013. Novo en Galicia)
*CS Construcións metálicas.
*CS Deseño en fabricación mecánica
*CS Programación da produción en fabricación mecánica.
*CS Programación da produción por moldeo de metais e polímeros. (Curso 2012-2013. Novo en Galicia).
CS Animación turística.
*CS Axencias de viaxes e xestión de eventos
*CS Guía, información e asistencias turísticas
*CS Dirección de cociña
*CS Servizos de Restauración
*CS Xestión de aloxamentos turísticos.
----
CS Realización de audiovisuais e espectáculos.
CS Produción de audiovisuais, radio e espectáculos.
CS Imaxe.
CS Son.
37
38. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CS Asesoría de imaxe persoal.
*CS Estética integral e benestar (substitúe ao CS Estética).
*CS Procesos de calidade na industria alimentaria.
*CS Vitivinicultura.
*CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataformas.
*CS Administración de sistemas informáticos en rede.
*CS Desenvolvemento de aplicacións web.
CS Mantemento de equipo industrial.
CS Prevención de riscos profesionais.
*CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos.
*CS Mantemento en instalacións térmicas e de fluídos.
CS Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble.
CS Produción de madeira e moble.
CS Navegación, pesca e transporte marítimo.
CS Produción acuícola.
CS Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque.
CS Química ambiental.
*CS Laboratorio de análise e de control de calidade.
*CS Química industrial.
38
39. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CS Anatomía patolóxica e citoloxía.
CS Saúde ambiental.
CS Dietética.
CS Documentación sanitaria.
CS Hixiene bucodental.
CS Imaxe para o diagnóstico.
CS Laboratorio de diagnóstico clínico.
CS Próteses dentais.
CS Radioterapia.
*CS Audioloxía protésica.
*CS Educación e control ambiental (Curso 2012-2013. Novo en Galicia)
CS Animación sociocultural.
CS Integración social.
CS Interpretación da lingua de signos.
*CS Educación infantil.
*CS Patronaxe e moda
*CS Automoción.
----
*Os ciclos sinalados son títulos LOE, tendo todos unha duración de 2000 horas, ver máis características
na páxina 35 deste manual. Os que aparecen co curso 2012-13 é previsible (nunca seguro) que chegen a
impartirse o vindeiro ano).
39
40. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Máis información www.edu.xunta.es/fp
Débese marcar só unha forma de acceso. Quen cumpra simultaneamente os requisitos de acceso directo
ao ciclo formativo de grao superior e os de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso
mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión.
Presentar unha única solicitude no centro elixido como primeira opción. Prazo ordinario: Do 17 de xuño ao 2
de xullo. Neste prazo unicamente presentará solicitudes de admisión a grao superior o alumnado que cumpra
os requisitos de acceso ao ciclo (acceso directo por ter a titulación requirida ou mediante proba).
Cando non existan postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes, para acceder a ciclos
formativos de grao superior, terá prioridade o alumnado que:
- Cursara a modalidade de bacharelato que se determine para cada ciclo coas materias vinculadas
a el.
- Cursara a modalidade de bacharelato sen algunha das materias vinculadas ao ciclo.
- Cursara algunha das modalidades de bacharelato distintas das establecidas nos parágrafos
anteriores.
- Dispoña do título de técnico superior ou equivalente.
- Dispoña dunha titulación universitaria ou equivalente.
Dentro de cada un dos colectivos anteriores, a orde de prioridade virá determinada por:
- Maior nota media no expediente académico en relación á titulación académica de acceso.
- Maior nota ou maior nota media nas materias vinculadas.
No caso de acceso mediante proba atenderase á nota final da devandita proba, con independencia do
centro educativo de procedencia da persoa solicitante.
Prazo extraordinario: do 1 ao 14 de setembro. Presentar o alumnado que reúna as condicións en
setembro.
Adxudicación de praza: Unha vez se lle adxudica unha praza a persoa solicitante ten dúas posibilidades:
Matricularse: no centro adxudicado e nos prazos establecidos.
Renunciar á praza: no centro adxudicado e nos prazos establecidos. A renuncia afectará
á praza que lle foi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a
esa. Seguirase no proceso de adxudicación para as preferencias anteriores.
De non matricularse nin renunciar á praza adxudicada no
prazo establecido, quedarase excluído do proceso de
admisión
40
41. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Posibles
novas
OUTROS CICLOS DE GRAO SUPERIOR LOE QUE SON BORRADORES NO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E QUE
PODERÍAN IMPLANTARSE EN GALICIA EN VINDEIROS CURSOS.
* CS Acondicionamento físico / * CS Ensinanza e animación sociodeportiva
*CS Administración e finanzas (substitúe ao do mesmo nome) / *CS Asistencia á dirección (substitúe a secretariado)
*CS Gandería e asistencia veterinaria (Novo)
*CS Comercio internacional (substitúe ao do mesmo nome) / *CS Xestión de ventas e espazos comerciais (substitúe a
Xestión comercial e marketing) / *CS Transporte e loxística (substitúe a Xestión do transporte) / *CS Marketing e publicidade
(Novo)
*CS Organización e control en obras de contrución
*CS Mantemento electrónico (substitúe a Desenvolvemento de produtos electrónicos) / *CS Automatización e robótica
industrial (substitúe a regulación e control automáticos)
*CS Animacións 3D, xogos e multimedia interactivos (Novo) / *CS Produción de audiovisuais e espectáculos (substitúe
a Produción de audiovisuais, radio e espectáculos) / *CS Son para audiovisuais e espectáculos / *CS Realización de
proxectos audiovisuais e espectáculos (substitúe a Realización de audiovisuais e espectáculos)
*CS Estilismo e dirección de perrucaría (Novo) / *CS Asesoría de imaxe personal, pública e corporative / *CS
Caracterización e maquillaxe profesional
*CS Mecatrónica industrial (substitúe a Mantemento de equipo industrial)
*CS Deseño e amoblamento (substitúe Produtos de carpintería e moble)
*CS Acuicultura (substitúe a produción acuícola) / *CS Transporte marítimo e pesca de altura (substitúe a Navegación, pesca e
transporte marítimo) / * CS Organización e mantemento de maquinaria de buques e embarcacións (substitúe a )
41
42. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
*CS Laboratorio clínico e biomédico / *CS Laboratorio de patoloxía e citodiagnóstico / *CS Radioterapia e dosimetría
/ *CS Hixiene bucodental / *CS Imaxe para a diagnose e mediciña nuclear / * Documentación e administración
sanitarias / *CS Ortopróteses e produtos de apoio (Novo) / *CS Próteses e orteses dentais (substitúe a Próteses dentais)
*CS Prevención de riscos profesionais (antes na familia de Instalación e mantemento) / *CS Coordinación de emerxencias e
protección civil (novo)
*CS Integración social (substitúe ao do mesmo nome) / *CS Animación sociocultural e turística / * CS Mediación
comunicativa (novo) / * CS Promoción de igualdade (novo)
*CS Deseño técnico en téxtil e pel (Novo) / *CS Deseño e produción de calzado e complementos (Novo) / *CS
Vestiario á medida e espectáculos (Novo)
*CS Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos
42
43. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
OPCIÓNS PREFERENTES DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO
SUPERIOR (LOE)
Neste apartado só se recollen á vinculación do bacharelato LOE cos ciclos formativos de grao superior LOE, por iso
non están recollidos todos os ciclos superiores. Para o presente curso, e dado que coexiste o sistema anterior, no
resto dos ciclos formativos haberá que consultar a convocatoria anual.
Familia Modalidades e materias de
Ciclos formativos de grao superior
profesional bacharelato
Técnico superior en paisaxismo e medio rural Ciencias e Tecnoloxía
Agraria Técnico superior en xestión forestal e do medio Ciencias e Tecnoloxía
natural
Edificación e Técnico superior en proxectos de edificación Ciencias e Tecnoloxía. Artes
obra civil Técnico superior en proxectos de obra civil Ciencias e Tecnoloxía. Artes
Técnico superior en eficiencia enerxética e Ciencias e Tecnoloxía
enerxía solar
Enerxía e auga
Técnico superior en centrais eléctricas Ciencias e Tecnoloxía
Técnico superior en enerxías renovables Ciencias e Tecnoloxía
Electricidade e Técnico superior en sistemas electrotécnicos e Ciencias e Tecnoloxía
electrónica automatizados
Técnico superior en construcións metálicas Ciencias e Tecnoloxía
Fabricación Técnico superior en programación da produción Ciencias e Tecnoloxía.
mecánica de fabricación mecánica
T Técnico superior en deseño en fabricación Ciencias e Tecnoloxía
mecánica
Técnico superior en axencias de viaxes e Humanidades e Ciencias
xestión de eventos Sociais.
Técnico superior en guía, información e Humanidades e Ciencias
asistencias turísticas Sociais.
Hostalaría e
turismo Técnico superior en xestión de aloxamento Humanidades e Ciencias Sociais.
turísticos
Técnico superior servizos de restauración Ciencias e Tecnoloxía
Técnico superior en dirección de cociña Ciencias e Tecnoloxía
43
44. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Familia Modalidades e materias de
Ciclos formativos de grao superior
profesional bacharelato
Imaxe persoal Técnico superior en estética integral e benestar Ciencias e Tecnoloxía
Técnico superior en vitivinicultura Ciencias e Tecnoloxía.
Industrias
alimentarias Técnico superior en procesos de calidade na Ciencias e Tecnoloxía
industria alimentaria
Técnico superior en administración de sistemas Ciencias e Tecnoloxía.
informáticos en rede
Informática e Técnicos superior en desenvolvemento de Ciencias e Tecnoloxía
comunicacións aplicacións web
Técnico superior en desenvolvemento de Ciencias e Tecnoloxía
aplicacións multiplataformas
Instalación e Técnico superior en desenvolvemento de Ciencias e Tecnoloxía.
mantemento proxectos de instalacións térmicas e fluídos
Técnico superior en mantemento de Ciencias e Tecnoloxía.
instalacións térmicas e fluídos
Técnico superior en laboratorio de análise e Ciencias e Tecnoloxía e,
control de calidade alumnado que teña superado a
materia de Química.
Química
Técnico superior en química industrial Ciencias e Tecnoloxía e,
alumnado que teña superado a
materia de Química
Sanidade Técnico superior en audioloxía protésica Ciencias e Tecnoloxía.
Seguridade e Técnico superior en educación e control Ciencias e Tecnoloxía.
ambiente ambiental
Servizos Técnico superior en educación infantil Humanidades e Ciencias Sociais.
socioculturais e á
comunidade
Téxtil, confección Técnico superior en patronaxe e moda Ciencias e Tecnoloxía
e pel
Transporte e Técnico superior en automoción Ciencias e Tecnoloxía
mantemento de
vehículos
44
45. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Adscrición dos títulos de Técnico Superior de Formación Profesional ás ramas de
coñecemento das ensinanzas universitarias oficiais.
Familias profesionais Ramas de coñecemento
Administración e xestión / Administración.
Artes gráficas.
Artes e artesanías.*
Artes e Humanidades.
Comercio e marketing.
Hostalaría e turismo.
Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son.
Servizos socioculturais e á comunidade.
Agraria / Actividades agrarias.
Edificación e obra civil.
Electricidade e electrónica.
Enerxía e auga.*
Fabricación mecánica.
Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son.
Industrias extractivas.*
Ciencias.
Industrias alimentarias.
Informática e comunicacións / Informática.
Instalación e mantemento / Mantemento e servizos á
produción.
Madeira, moble e cortiza / Madeira e moble.
Marítimo-pesqueira / Actividades marítimo-pesqueira.
Química.
Sanidade.
Transporte e mantemento de vehículos / Mantemento de
vehículos autopropulsados.
Téxtil, confección e pel.
Vidro e cerámica.
45
46. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Familias profesionais Ramas de coñecemento
Agraria / Actividades agrarias.
Actividades físicas e deportivas.
Imaxe persoal.
Ciencias da saúde.
Industrias alimentarias.
Química.
Sanidade.
Seguridade e medio ambente.*
Servizos socioculturais e á comunidade.
Administración e xestión / Administración.
Actividades físicas e deportivas.
Artes gráficas.
Ciencias sociais e xurídicas.
Comercio e márketing.
Hostalaría e turismo.
Imaxe persoal.
Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son.
Seguridade e medio ambente.*
Servizos socioculturais e á comunidade.
Agraria / Actividades agrarias.
Artes gráficas.
Artes e artesanías.*
Edificación e obra civil.
Electricidade e electrónica.
Enerxía e auga.*
Enxeñería e arquitectura.
Fabricación mecánica.
Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son.
Industrias alimentarias.
Industrias extractivas.*
46
47. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Familias profesionais Ramas de coñecemento
Informática e comunicacións / Informática.
Instalación e mantemento / Mantemento e servizos á
produción.
Madeira, moble e cortiza / Madeira e moble.
Marítimo-pesqueira / Actividades marítimo-pesqueiras.
Química.
Transporte e mantemento de vehículos / Mantemento de
vehículos autopropulsados.
Téxtil, confección e pel.
Vidro e cerámica.
*Novas familias profesionais.
47
48. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO
SUPERIOR MEDIANTE PROBA.
A QUEN VAN DIRIXIDAS
Alumnado que non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao superior
e se atope nalgunha das seguintes situacións:
Ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Cumprir ou ter cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba, e dispor dun título de
técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta.
ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA
Grao superior
Parte común
Organízase en tres probas:
Lingua galega.
Lingua castelá.
Matemáticas
Parte específica(*) Organízase en tres opcións (A, B e C)
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés
ou francés), e filosofía e
cidadanía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e
bioloxía.
(*) O alumnado elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá dúas materias.
48
49. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
EXENCIÓNS
A solicitude de exencións parciais da proba deberase formular no momento da inscrición.
As persoas que teñan algunha das circunstancias para ter a exención total da proba poderán participar
directamente no proceso de admisión a ciclos formativos sen necesidade de inscribirse nas probas de acceso.
Grao superior
Exención da totalidade da proba de acceso
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Estas persoas han poder participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior,
presentando directamente o certificado acreditativo na secretaría do centro correspondente nas
condicións que se indican na orde pola que se regulen as probas.
Exención da parte común da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias:
Ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior de réxime xeral non
incluídos na opción pola que se presenta.
Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas
deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Exención da parte específica da proba, acreditando algunha das seguintes circunstancias:
Ter superado un ciclo formativo de grao medio que pertenza a algunha das familias profesionais
incluídas na opción pola que se presenta.
Dispor dun certificado de profesionalidade de nivel 2 ou superior dalgunha das familias
profesionais incluídas na opción pola que se presenta.
Ter, como mínimo, un ano de experiencia laboral en xornada completa en campos profesionais
que se correspondan cos estudos que se pretenda cursar, consonte a táboa que se anexa.
Novas
As persoas que nas convocatorias de 2010, 2011 e 2012 superaran a parte común ou
específica, en Galicia, e estean en condicións, logo de rematado o proceso, de acreditar na outra parte
algunha das causas previstas de exención (mencionadas anteriormente, agás a de experiencia laboral),
poden solicitar a certificación de superación da proba, en calquera instituto de educación secundaria onde
se impartan ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional,
desde o día 21 de xuño ao día 28 de setembro de 2012.
49
50. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Organización en opcións da parte específica da proba a ciclos formativos de grao superior, en función
da familia profesional a que se desexe acceder
Opcións segundo familias Opcións segundo familias profesionais da
Materias de referencia do bacharelato
profesionais da LOXSE LOE
Opción A
- Administración. - Administración e xestión. Materias da opción A:
- Comercio e márketing. - Comercio e márketing.
– Economía da empresa.
- Hostalaría e turismo. - Hostalaría e turismo.
– Lingua estranxeira (francés ou inglés)
- Servizos socioculturais e a á - Servizos socioculturais e á
comunidade. comunidade. – Filosofía e cidadanía.
- Comunicación, imaxe e son (só o - Imaxe e son (só o ciclo de produción de
ciclo de produción de audiovisuais, radio e espectáculos).
audiovisuais, radio e
espectáculos).
Opción B
- Actividades marítimo-pesqueiras - Artes gráficas. Materias da opción B:
(agás o ciclo de produción
acuícola). - Edificación e obra civil. – Debuxo técnico.
- Artes gráficas. - Electricidade e electrónica
– Tecnoloxía Industrial.
- Edificación e obra civil. - Imaxe e son (agás o ciclo de produción
de audiovisuais, radio e espectáculos). – Física.
- Electricidade e electrónica.
- Enerxía e auga.
- Comunicación, imaxe e son (agás
o ciclo de produción de - Fabricación mecánica.
audiovisuais, radio e - Informática e comunicacións.
espectáculos).
- Instalación e mantemento.
- Fabricación mecánica.
- Madeira, moble e cortiza.
- Madeira e moble.
- Marítimo-pesqueira (agás o ciclo de
- Informática. produción acuícola).
- Mantemento e servizos á - Transporte e mantemento de vehículos.
produción.
- Téxtil, confección e pel (agás o ciclo
- Mantemento de vehículos de curtidos, e o de procesos de
autopropulsados. ennobrecemento téxtil).
- Téxtil, confección e pel (agás o - Industrias extractivas.
ciclo de curtidos, e o de procesos
de ennobrecemento téxtil). - Vidro e cerámica.
- Vidro e cerámica.
Opción C
- Actividades agrarias. - Agraria. Materias da opción C:
- Actividades físicas e deportivas. - Actividades físicas e deportivas.
– Ciencias da terra e ambientais.
- Imaxe persoal. - Imaxe persoal.
– Química.
- Industrias alimentarias. - Industrias alimentarias.
- Actividades marítimo-pesqueiras - Marítimo-pesqueira (só o ciclo de – Bioloxía.
(só o ciclo de produción acuícola). produción acuícola)
- Química. - Química.
- Téxtil, confección e pel (só o ciclo - Seguridade e medio ambiente.
de curtidos, e o de procesos de
ennobrecemento téxtil). - Téxtil, confección e pel (só o ciclo de
curtidos, e o de procesos de
- Sanidade. ennobrecemento téxtil).
- Sanidade.
50
51. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ESTUDOS UNIVERSITARIOS
PROBA DE APTITUDE PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAAU) DENDE O
BACHARELATO
A QUEN VAI DIRIXIDA
Ao alumnado que acade o título de Bacharelato e queira acceder a estudios universitarios.
EN QUE CONSISTE
A proba adecuarase ao currículo do Bacharelato e versará sobre as materias de 2º curso.
Está composta de dúas fases: xeral e específica.
Fase xeral: Obrigatoria. Consta de 5 exercicios:
1º exercicio: Comentario de Lingua Castelá e Literatura.
2º exercicio: Comentario de Lingua Galega e Literatura.
3º exercicio: Historia de España ou Historia da Filosofía (elíxese unha na solicitude de inscrición
na proba).
4º exercicio: Lingua Estranxeira.
5º exercicio: Unha materia de modalidade de 2º de Bacharelato (elixida na solicitude de
inscrición).
Fase específica: Voluntaria.
- Cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro materias de modalidade de 2º de
Bacharelato, distintas da elixida para a fase xeral, e indicadas previamente na solicitude de inscrición na
proba.
- En todos os exercicios de ambas fases haberá dúas opcións diferentes para elixir unha.
- Pódense contestar en Lingua Galega ou Lingua Castelá, agás nos correspondents exercicios e no de
Lingua Estranxeira.
- Duración máxima de cada exercicio: 1 hora e media (intervalo mínimo de 45 minutos entre un e outro).
51